Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.612

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio de consultoría e asistencia no ámbito legal, fiscal e contable.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2º planta, 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 1 de abril de 2002 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, ata o 1 de abril de 2002 (incluído). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono 981 54 67 64.

Os gastos de anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2002.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais da

Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061