Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

Dada conta á Corporación, por parte do equipo redactor, do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en reunión do 27-2-2002 e dando cumprimento ó disposto polo artigo 41.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda exposto ó público polo prazo dun mes para efectos de exame e formulación de observacións ou suxestións.

O prazo comezará a contar o día seguinte ó da inserción do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 28 de febreiro de 2002.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde