Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, en sesión ordinaria do día vintenove de xaneiro de dous mil dous, aprobou inicialmente o proxecto de pavimentación e dotación de servicios na rúa que une a rúa Calvo Sotelo e a estrada de Pintín, promovido por Promociones Urbans del Noroeste, S.L. e redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas, Manuel Vázquez González.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación oficial, durante o cal os interesados poderán consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen pertinentes.

Sarria, 5 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado