-Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución e dirección das obras.
-Obra: reforma do bloque cirúrxico no Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras (Ourense).
-Orzamento da contrata: 21.341,47 euros.
-Prazo de execución: 2 meses.
-Garantía definitiva: non se esixe.
-Forma de tramitación: urxente.
Exposición da documentación:
Poderá examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) e nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles, das 9 ás 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica:
Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións:
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores:
Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.
Apertura de proposicións:
Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios:
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.
P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos