Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección das obras de rehabilitación de cubertas das plantas décimo sexta e décimo novena do Hospital Xeral Cíes de Vigo (Pontevedra).

-Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución e dirección das obras.

-Obra: rehabilitación de cubertas de plantas décimo sexta e décimo novena do Hospital Xeral Cíes de Vigo (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 20.936,78 euros.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación:

Poderá examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) e

nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles, das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica:

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos