Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.550

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se vedan para o exercicio da pesca determinados tramos dos ríos Xallas e Abelleira.

Visto o informe do Servicio Provincial de Conservación da Natureza en relación cun accidente producido o pasado 7 de marzo no cruzamento da estrada Coristanco-Santa Comba co río Abelleira, afluente do Xallas, do que resultou unha vertedura de gasóleo con efectos directos sobre as poboacións piscícolas e o ecosistema fluvial.

Vista a proposta de veda formulada polo Servicio Provincial de Conservación da Natureza ante o inminente comezo da tempada hábil de pesca.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca

fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio),

RESOLVE:

Vedar para o exercicio da pesca os seguintes tramos dos ríos Xallas e Abelleira:

-Río Xallas: tramo comprendido entre a desembocadura do río Abelleira e a ponte de Brandomil.

-Río Abelleira: tramo comprendido entre Ponte Abelleira, cruzamento do río coa estrada CP-2904, e a desembocadura no río Xallas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2002.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza