Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.521

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 11 de marzo de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de industria, enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

A Constitución española e mailo Estatuto de autonomía de Galicia outórganlle á Comunidade Autónoma galega o exercicio das competencias e funcións nas materias de industria, enerxía, minería, artesanía, comercio e consumo e sociedade da información polo que respecta ás empresas.

A Consellería de Industria e Comercio é o órgano da Xunta de Galicia ó que lle corresponde levar a cabo as políticas desta nos referidos ámbitos competenciais.

Unha desas políticas, de especial interese e relevancia, é a de fomento, que pretende orientarse á consecución dun mellor aproveitamento dos recursos naturais e un maior e máis eficiente tecido empresarial en Galicia, así como a unha potenciación da proxección exterior deste. E isto sen esquece-lo desenvolvemento de incentivos encamiñados a unha mellor defensa, formación e información dos consumidores e dos usuarios.

A Consellería de Industria e Comercio ten unha decidida vontade de establecer para todos e cada un dos seus programas de incentivos, que están plenamente encadrados no Decreto 172/2001, do 12

de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, unhas bases reguladoras con vocación de permanencia no tempo cun dobre obxectivo: conseguir unha maior celeridade e eficacia na xestión por unha banda, e garanti-lo pleno respecto ós principios de obxectividade, publicidade e concorrencia no outorgamento das axudas e subvencións.

Con esta orde, a Consellería de Industria e Comercio pretende fixa-los criterios básicos da súa política de fomento de acordo coa previsión efectuada no artigo 4 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O amplo alcance desta norma e maila súa extensión ilimitada no tempo fan necesaria a súa concreción anual a través das convocatorias das distintas axudas e subvencións recollidas nela.

Na súa virtude, por proposta das direccións xerais de Industria, Enerxía e Minas; Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial; Comercio e Consumo

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é establecer, con vixencia temporal ilimitada, as normas básicas reguladoras da concesión de axudas e subvencións que outorgue a Consellería de Industria e Comercio nas materias de industria, enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

A) As normas contidas nesta orde son de aplicación ós seguintes programas de incentivos:

1. Apoio á innovación empresarial e prestación de servicios no sector da minería.

2. Apoio á mellora da infraestructura enerxética de Galicia.

3. Apoio á incorporación dos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas ó gas natural.

4. Apoio á habilitación de servicios e mellora de infraestructuras en parques empresariais.

5. Axudas para a súa conversión en ferralla de guindastres para obras.

6. Fomento da innovación empresarial e prestación de servicios.

7. Axudas en materia de tecnoloxías da información e comunicacións.

8. Apoio ás actuacións en materia de calidade e deseño industrial.

9. Apoio ó sector artesanal galego.

10. Apoio para actividades de fomento ó investimento en mercados retallistas, en rúas e en zonas

peonís noutros equipamentos comerciais de carácter social.

11. Axudas a asociacións sen fin de lucro para actividades de distribución loxística e promoción comercial.

12. Axudas a asociacións de comerciantes sen fin de lucro para actuacións en rehabilitación urbanístico-comercial, implantación de programas de calidade e asesoramento e asistencia técnica ó comercio polo miúdo.

13. Axudas á modernización e mellora do pequeno comercio.

14. Axudas a organizacións de consumidores e usuarios, para o mantemento e funcionamento de oficinas de atención ós consumidores e usuarios.

15. Axudas a organizacións de consumidores e usuarios, para proxectos de mellora do mercado en relación cos intereses dos consumidores.

16. Axudas ás corporacións locais para actividades de información, educación e defensa do consumidor e do usuario.

B) Tódolos incentivos que se establecen nos programas ós que se refire o punto anterior se realizarán en réxime de concorrencia competitiva, a excepción do establecido nos números 5 e 13.

Artigo 3º.-Principios de concesión.

1. As axudas e subvencións reguladas nesta orde concederanse en todo caso con suxeición ós principios de publicidade, concorrencia e obxectividade e estarán supeditadas á existencia de crédito axeitado e suficiente nas correspondentes partidas orzamentarias.

2. O obxecto da axuda ou subvención, os requisitos que deben reuni-los beneficiarios para a obtención dela e mailos criterios obxectivos de adxudicación son os establecidos para cada programa de incentivos no anexo desta orde.

3. As convocatorias de axudas e subvencións que integran os programas de incentivos sinalados no artigo anterior rexeranse polas bases reguladoras establecidas nesta orde.

Artigo 4º.-Procedemento de concesión.

1. O procedemento para a concesión de axudas ou subvencións é o establecido na sección terceira do capítulo II do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As direccións xerais e mailos servicios do Instituto Galego de Consumo e das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio correspondentes por razón da materia serán os órganos competentes para a instrucción dos procedementos que se tramiten ó abeiro do disposto nesta orde.

3. O conselleiro de Industria e Comercio ou, se é o caso, o presidente do Instituto Galego de Consumo dictará a resolución de concesión ou denegación da axuda ou subvención solicitada á vista dos informes de avaliación que realicen os servicios técnicos da correspondente dirección xeral.

Así mesmo, os delegados provinciais da Consellería de Industria e Comercio serán competentes para resolve-las solicitudes de axudas ou subvencións, á vista dos informes de avaliación que emitan os servicios técnicos da correspondente delegación provincial, conforme o establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciais ou territoriais da Xunta de Galicia.

4. As resolucións de concesión ou denegación das axudas e subvencións solicitadas serán motivadas.

As resolucións estimatorias das solicitudes de concesión de axudas e subvencións expresarán, polo menos, o obxecto e importe do proxecto subvencionado, a porcentaxe da axuda ou subvención concedida e maila contía desta e, no caso de que teña carácter plurianual, as cantidades outorgadas con cargo ós orzamentos de exercicios posteriores.

5. O beneficiario da axuda ou subvención deberá aceptala no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación. No caso contrario, entenderase que renuncia á axuda ou subvención concedida e procederase de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A aceptación da axuda ou subvención formalizarase mediante un documento asinado polo beneficiario no que este se compromete a cumprir tódalas condicións establecidas nesta orde, na convocatoria da axuda ou subvención e, se é o caso, na resolución de concesión dela.

Artigo 5º.-Concorrencia de axudas e subvencións públicas.

1. O importe das axudas e subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións, supere o custo da actividade subvencionable.

2. As respectivas convocatorias anuais determinarán a posibilidade ou imposibilidade de compatibiliza-las axudas e subvencións que os beneficiarios reciban con outros réximes de axudas ou subvencións e maila porcentaxe máxima delas en función do disposto nas normas comunitarias para o investimento de que se trate.

Artigo 6º.-Obrigas do beneficiario.

O beneficiario da axuda ou subvención queda obrigado a:

a) Cumpri-los requisitos ou condicións que determinan o outorgamento da axuda ou subvención.

b) Realiza-la actividade ou adopta-lo comportamento que fundamenta a concesión da axuda ou subvención e acreditalo ante o órgano concedente no prazo que estableza a convocatoria ou a resolución de concesión.

c) Conserva-los xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda ou subvención outorgada durante o período mínimo que se estableza nas correspondentes ordes de convocatoria.

d) Acreditar, previamente ó cobramento da axuda ou subvención, que está ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectua-lo órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa axuda ou subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servicios financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

f) Comunicarlle ó órgano concedente a obtención de axudas ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público, así como calquera alteración producida nas xa comunicadas coa solicitude co fin de que aquel poida avalia-la súa compatibilidade.

Artigo 7º.-Modificación da resolución.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da axuda poderá acorda-la modificación da resolución por instancia do beneficiario. Os requisitos que deberán cumprirse para isto son os seguintes:

a) Que a actividade, conducta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e as circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda ou subvención.

3. O acto polo que se acorde a modificación da resolución ou, se é o caso, se denegue, será dictado polo órgano concedente logo da instrucción do correspondente expediente, no que se dará audiencia ós interesados na forma prevista no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 8º.-Reintegro das axudas ou subvencións.

1. Non se poderá esixi-lo pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora percibidos desde o seu pagamento nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión de axuda ou subvención.

2. Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos nos que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima de investimento subvencionable que se estableza.

3. O procedemento de reintegro tramitarase de acordo co establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

4. As cantidades que os beneficiarios deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 ó 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 9º.-Fiscalización e control.

A concesión das axudas e subvencións reguladas nesta orde estará sometida ó exercicio da función interventora e do control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, ás dos servicios financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 10º.-Réxime sancionador.

As infraccións administrativas cometidas en relación coas axudas e subvencións reguladas nesta orde sancionaranse de conformidade co disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 11º.-Réxime de recursos.

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados ó abeiro do disposto nesta orde

e nas correspondentes ordes de convocatoria esgotarán a vía administrativa e contra elas caberá interpoñer:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano que as dictou ou debeu dictalas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou de tres meses contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo sexa o caso.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou o Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente á circunscrición do órgano que dictou ou debeu dicta-la resolución, segundo este sexa o conselleiro ou un delegado provincial, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa notificación, se é expresa ou de seis meses contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

E todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

Disposición adicional

No non previsto nesta orde aplicarase o establecido nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

PROGRAMA DE AXUDAS DESTINADAS Ó FOMENTO

DA INNOVACIÓN EMPRESARIAL E PRESTACIÓN DE SERVICIO

NO SECTOR DA MINERÍA

Obxecto

As axudas e subvencións recollidas neste programa teñen por finalidade a consecución dos seguintes obxectivos:

* Fomento da prestación de servicios efectuada por asociacións ou federacións empresariais dos sectores industriais relacionados coa minería non metálica.

* Fomento da calidade de sectores industriais relacionados coa minería non metálica.

* Fomento da seguridade nas empresas de sectores industriais relacionados coa minería non metálica.

* Fomento da innovación empresarial de sectores industriais relacionados coa minería non metálica.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas as empresas privadas, as súas asociacións sectoriais, as súas federacións ou entidades sen ánimo de lucro.

Requisitos dos beneficiarios

Que a súa actividade se relacione coa xeoloxía, os sectores de extracción ou transformación mineira, a cerámica, as areas ou que presten servicios específicos ou fabriquen equipos para os devanditos sectores.

* Que materialicen o proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

* Que non teñan pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma e que se encontren ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

* Que posúan personalidade xurídica propia e suficiente capacidade para obrar e que non estean inhabilitados para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

* As empresas incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba a regulación dos rexistros de establecementos industriais de Galicia, deberán atoparse inscritas e cos datos actualizados, de acordo cos prazos establecidos no devandito decreto.

* Calquera que poida ser esixible en virtude de normas de dereito necesario.

Así mesmo, en virtude do acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove, para que unha empresa poida adquiri-la condición de beneficiaria de axudas será necesario que polo menos o 35% do seu cadro de persoal teña contrato por tempo indefinido.

Para as empresas de nova creación, bastará o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó final do prazo que se conceda para tal efecto.

As empresas xa existentes deberán comprometerse igualmente a acada-la mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

O cumprimento dos requisitos anteriores non se esixirá en relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O citado requisito tampouco se lles esixirá ás empresas con menos de 10 traballadores. Neste caso a porcentaxe de estabilidade mínima laboral esixida reducirase ó 33%.

Tampouco será necesario cumpri-lo devandito requisito nas subvencións inferiores a 60.101,21 euros por proxecto de investimento.

Criterios de selección dos proxectos

Os criterios serán, en orde decrecente de importancia, os establecidos a continuación:

* Tipoloxía da actuación:

Para as actuacións indicadas nos tres primeiros puntos do primeiro epígrafe do anexo serán preferentes en orde decrecente as tipoloxías seguintes: as de promoción sectorial, as de calidade, e as de seguridade e saúde.

* Carácter innovador e calidade técnica do proxecto.

* Incremento na calidade do producto e sobre o seu valor final.

* Contribución ó peche do ciclo productivo do seu correspondente sector.

* Mellora das condicións de seguridade e saúde das explotacións.

* Mellora ambiental e do aproveitamento dos residuos e a enerxía.

* Efecto directo sobre o incremento de emprego estable.

* Incremento da presencia comercial en mercados novos.

ANEXO II

PROGRAMA DE AXUDAS ENCAMIÑADAS Á MELLORA

DA INFRAESTRUCTURA ENERXÉTICA DE GALICIA

Obxecto

Constitúen o obxecto deste programa as seguintes axudas:

A) Axudas económicas para a execución de proxectos que promovan o uso racional da enerxía na industria, edificios, servicios e transporte, así como para a realización de investimentos co obxecto de reduci-la incidencia do factor enerxético na súa estructura de custos.

B) Axudas económicas para o relativo á utilización ou producción de recursos enerxéticos renovables.

Este programa de axudas poderá aplicarse ós proxectos de electrificación rural, en sistemas illados da rede de distribución, que utilicen sistemas eólicos, solares ou mixtos, incluso, con apoio de grupos electróxenos.

C) Axudas económicas para a gasificación mediante propano de núcleos de poboación illados dos ramais e redes de distribución de gas natural e para a instalación provisional de depósitos de gas natural licuado (GNL) co fin de adapta-las súas instalacións de consumo en áreas nas que xa estea prevista a subministración con gas natural canalizado.

D) Axudas económicas para a adecuación de instalacións de distribución de enerxía eléctrica cando, aínda sendo regulamentarias, o seu contorno teña sufrido modificacións significativas.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas liñas de axudas, sen prexuízo de reuni-los requisitos establecidos no seguinte punto, os seguintes beneficiarios:

A) As corporacións locais, empresas privadas, asociacións ou agrupacións de empresas sen ánimo de lucro.

B) Persoas físicas, empresas privadas, asociacións ou agrupacións de empresas sen ánimo de lucro.

C) Empresas privadas titulares de autorizacións para a distribución de gas propano nos lugares indicados, así como as empresas que realicen a instalación provisional de depósitos de gas natural licuado.

D) Empresas privadas titulares das instalacións de distribución de enerxía sempre que o concello correspondente asuma a execución da obra civil necesaria, así como a xestión e consecución dos permisos de paso necesarios.

Requisitos dos beneficiarios

De acordo co establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de febreiro de 1999, para que unha empresa poida adquiri-la condición de beneficiario de axudas, será necesario que o 35% do seu cadro de persoal teña contratos por tempo indefinido.

Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó final do prazo que se conceda para tal efecto.

As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acada-la mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

O cumprimento dos requisitos anteriores non se esixirá con relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O citado requisito tampouco se lles esixirá ás empresas con menos de 10 traballadores. Neste caso a porcentaxe de estabilidade mínima laboral esixida reducirase ó 33%.

Tampouco será necesario cumpri-lo devandito requisito nas subvencións inferiores a 60.101,21 euros por proxecto de investimento.

Será condición imprescindible para que as empresas poidan acollerse a estes beneficios, a inscrición no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia, de acordo co establecido no artigo 8.6º do Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de establecementos industriais de Galicia.

Criterios de selección dos proxectos

A) Para os proxectos que promovan o uso racional da enerxía, teranse en conta os seguintes criterios que se relacionan por orde decrecente de importancia:

* Eficiencia enerxética da instalación de acordo co recollido no proxecto correspondente.

* Mellora ambiental. Valoraranse especialmente aqueles proxectos que xeren unha mellora do medio adicional á obtida por motivos enerxéticos.

* Replicabilidade. Terán mellor consideración os proxectos de alta replicabilidade.

* Carácter innovador. Consideraranse prioritarios os proxectos que empreguen tecnoloxías innovadoras ou de escasa difusión.

* No caso de concellos, existencia dunha auditoría enerxética realizada por unha empresa consultora establecida en Galicia con recoñecida experiencia na materia.

* Grao de coparticipación no proxecto de entidades de desenvolvemento rexional.

B) Nos proxectos relativos á utilización ou producción de recursos enerxéticos renovables, teranse en conta os seguintes criterios que se relacionan por orde decrecente de importancia:

* Mellora ambiental. Valoraranse especialmente aqueles proxectos que xeren unha mellora do medio adicional á obtida por motivos enerxéticos.

* Replicabilidade. Terán mellor consideración os proxectos de alta replicabilidade.

* Carácter innovador. Consideraranse prioritarios os proxectos que empreguen tecnoloxías innovadoras ou de escasa difusión.

C) Nos proxectos dirixidos á adecuación de instalacións eléctricas teranse en conta os seguintes criterios, que se relacionan por orde decrecente de importancia:

* Interese social da actuación de acordo co descrito na memoria; consideraranse preferentes aquelas actuacións tendentes á adecuación do contorno dos bens do patrimonio histórico-cultural.

* Que cubra o maior número de afectados, en relación co investimento.

* Que dispoñan das correspondentes servidumes de paso co obxecto de axiliza-la execución das obras.

D) Nos proxectos referidos á gasificación de núcleos de poboación illados e instalación provisional de depósitos de gas natural licuado, daráselles prioridade ás actuacións que cubran o maior número potencial de abonados ou clientes, en relación co investimento que se vai realizar.

As memorias das actuacións propostas nas letras A) e B) serán remitidas ó Instituto Enerxético de Galicia, que emitirá informe sobre o cumprimento destes criterios.

ANEXO III

PROGRAMA DE AXUDAS DESTINADAS Á INCORPORACIÓN

DOS PARQUES EMPRESARIAIS E RECINTOS DE LOCALIZACIÓN

PREFERENTE DE EMPRESAS Ó GAS NATURAL

Obxecto

O obxecto da axuda é a incorporación dos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas á subministración de gas natural, co fin de que as empresas radicadas neles poidan dispor da oferta desta nova forma enerxética para as súas actividades.

Beneficiarios

Empresas distribuidoras de gas.

Requisitos dos beneficiarios

Os beneficiarios das axudas serán as empresas distribuidoras de gas que realicen investimentos de acordo co obxecto desta orde.

Segundo o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 18-2-1999, as consellerías, organismos autónomos, sociedades públicas e demais entidades dependentes da Comunidade Autónoma destinadas a promove-lo investimento privado en activos fixos productivos, ademais dos requisitos que se esixen na convocatoria, poderán adquiri-la condición de beneficiarios:

a) Cando polo menos o 35% da cadro de persoal da empresa solicitante da axuda teña contratos por tempo indefinido.

b) Cando as empresas teñan menos de 10 traballadores, a porcentaxe de estabilidade mínima laboral esixida reducirase ó 33%.

c) Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó final do prazo que se conceda para tal efecto.

d) As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acada-la mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

O cumprimento dos requisitos sinalados anteriormente para ser beneficiario de axudas públicas non se esixirá nos seguintes casos:

1. En relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Cando as subvencións sexan inferiores a 10 millóns por proxecto de investimento.

Será condición imprescindible para que as empresas poidan acollerse a estes beneficios a inscrición no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia, de acordo co establecido no artigo 8.6º do Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de establecementos industriais de Galicia.

Criterios de selección dos proxectos

No devandito procedemento teranse en conta os criterios seguintes que se relacionan por orde decrecente de importancia:

1. Maior número de empresas instaladas no parque empresarial.

2. O ámbito territorial das actuacións.

3. Contribución á captación e introducción de novas tecnoloxías, mellora da calidade e mellora do medio.

4. Posibilidade de inducir actividades complementarias.

5. A non percepción doutras axudas.

ANEXO IV

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A HABILITACIÓN DE SERVICIOS E INFRAESTRUCTURAS EN PARQUES EMPRESARIAIS E RECINTOS DE LOCALIZACIÓN PREFERENTE DE EMPRESAS

Obxecto

As axudas consisten na mellora dos servicios e o acondicionamento de infraestructuras existentes ou de nova incorporación, co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais e en recintos de localización preferente de empresas dispoñan de condicións máis competitivas para desenvolve-la súa actividade económica.

Beneficiarios

Concellos e asociacións empresariais.

Requisitos dos beneficiarios

Os beneficiarios das axudas serán os concellos e asociacións empresariais que realicen investimentos de acordo co obxecto desta orde, nos parques empresariais radicados no seu termo municipal cunha antigüidade mínima de 5 anos e cun nivel de ocupación polo menos do 25% das parcelas dispoñibles.

Criterios de selección dos proxectos

No devandito procedemento teranse en conta os criterios seguintes, que se relacionan por orde decrecente de importancia:

* Maior número de empresas instaladas no parque empresarial.

* Antigüidade das infraestructuras, primando as máis antigas.

* Contribución á captación e introducción de novas tecnoloxías, mellora da calidade e mellora do medio.

* Posibilidade de inducir actividades complementarias.

* A non-percepción doutras axudas.

ANEXO V

PROGRAMA DE AXUDAS A EMPRESAS INSTALADORAS,

ALUGADORAS DE GUINDASTRES PARA OBRAS

PARA A SÚA CONVERSIÓN EN FERRALLA

Obxecto

Estas axudas están dirixidas ós seguintes gastos e actividades:

A substitución de guindastres desmontables para obras (en diante G.T.D.O.), con data de fabricación anterior ó 1 de xaneiro de 1977, por outras de nova fabricación. As G.T.D.O. para substituír deberán ser convertidas en ferralla.

A G.T.D.O. para substituír debe estar inscrita , antes do 8 de abril de 1977, no Rexistro de G.T.D.O. existente nas delegacións provinciais de Industria e ter sido instalada, polo menos, nunha ocasión, antes desa data (8 de abril de 1977).

Beneficiarios

Poderán acollerse ás subvencións previstas nestas bases reguladoras os propietarios de G.T.D.O.

Requisitos dos beneficiarios

Os propietarios de G.T.D.O. deberán estar inscritos como empresa, da especialidade que corresponda, nos rexistros da Consellería de Industria e Comercio.

Criterios de selección dos proxectos

A resolución das solicitudes efectuarase por orde de entrada, unha vez completada a documentación esixida e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

ANEXO VI

PROGRAMA DE AXUDAS PARA O FOMENTO DA INNOVACIÓN EMPRESARIAL E PRESTACIÓN DE SERVICIOS

Obxecto

Establece-las bases que rexerán a concesión de axudas para a incentivación de actuacións para o fomento da innovación empresarial, así como a prestación de servicios por agrupacións de empresas ou asociacións que teñan como finalidade o fortalecemento do tecido empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

Empresas, e as agrupacións e asociacións de empresas ou institucións sen fin de lucro de carácter industrial, que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo radicado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Requisitos dos beneficiarios

Quedarán excluídas do financiamento, ó abeiro destas axudas, as solicitudes de investimentos correspondentes ós sectores ou conglomerados empresariais da minería, cerámica, alimentación, pesca, agricultura, construcción e explotación forestal. Así mesmo, todos aqueles sectores e empresas

que dispoñan de liñas de axudas específicas para as súas actuacións noutros departamentos da Xunta de Galicia non serán considerados como prioritarios, quedando as súas solicitudes supeditadas á disposición orzamentaria.

En todo caso deberase respecta-lo disposto na normativa da Unión Europea en relación cos sectores considerados como sensibles.

Criterios de selección dos proxectos

Relacionados, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. A tipoloxía e alcance da actuación.

2. A incidencia no emprego, existente e que se vai crear.

3. A relación con actividades de conglomerados industriais de empresas, en particular, dos complexos de automoción, naval, madeira ou actividades conexas tales como a fabricación de maquinaria, a fabricación de subproductos ou a fabricación de productos de cadeas laterais de apoio ó conglomerado.

4. O efecto tracción ou arrastre estimado que as actuacións produzan no contorno do armazón empresarial e a novidade ou esforzo cualitativo cara á entidade que executa o proxecto.

5. Asentamento no Parque Tecnolóxico de Galicia.

Así mesmo, poderase establecer unha contía de investimento mínima para cada unha das actuacións, global ou por conglomerado, por debaixo da cal non será atendida a solicitude.

ANEXO VII

PROGRAMA DE AXUDAS EN MATERIA DAS TECNOLOXÍAS

DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS PARA EMPRESAS TIC

Obxecto

Establece-las bases que rexerán a concesión de axudas para a incentivación de actuacións no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións TIC, para o desenvolvemento de aplicacións e servicios relacionados coa integración das tecnoloxías da información e as comunicacións no mundo da empresa, para a incentivación da realización de diagnósticos, para a implantación de ferramentas de transacción electrónica no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, para a posta en marcha de novos servicios e aplicacións TIC accesibles para empresas e para a innovación dos sistemas de información das factorías de software, conducentes á mellora de competitividade empresarial.

Beneficiarios

Empresas, agrupacións, asociacións de empresas ou institucións sen ánimo de lucro que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo radicado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Requisitos dos beneficiarios

1. No caso de que se trate de realización de proxectos que teñan por obxecto o desenvolvemento de dispositivos, servicios telemáticos ou aplicacións de tecnoloxías da información e as comunicacións, a

actividade da empresa comprenderá o desenvolvemento de aplicacións no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións. Tamén poderán ser beneficiarios outras empresas promotoras de desenvolvemento destas aplicacións a través de contratación de empresas a actividade das cales comprenda o desenvolvemento de aplicacións no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, que cumpran coa condición xeral de beneficiario.

2. Se se trata de actuacións de fomento do comercio electrónico entre empresas (B2B), as entidades beneficiarias non poderán ser empresas provedoras das solucións informáticas de transacción electrónica que se vaian implantar.

3. No caso de que se trate das actuacións de realización de proxectos de investimento material, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan por obxecto a prestación de servicios telemáticos ou aplicacións de tecnoloxías da información e as comunicacións para empresas en xeral, baseadas nas redes de telecomunicación existentes, especialmente as relacionadas con Internet e os protocolos IP, as entidades beneficiarias deberán ser operadores de telecomunicacións ou prestadores de servicios telemáticos, legalmente constituídos e establecidos na Comunidade Autónoma de Galicia, coa correspondente licencia ou autorización administrativa para poder presta-los servicios que se van implantar, e que realicen o seu investimento no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Para as actuacións de innovación de sistemas de información, as entidades beneficiarias deberán ser empresas tecnolóxicas que teñan como obxecto social o desenvolvemento de software ou aplicacións informáticas, establecidos e que realicen o seu investimento no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Criterios de selección dos proxectos

Con carácter xeral, os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das axudas, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. A tipoloxía e alcance da actuación.

2. Incidencia no emprego, existente e que se vai crear.

3. Asentamento no Parque Tecnolóxico de Galicia.

4. Potenciación de sectores estratéxicos e conglomerados industriais.

5. Efecto tractor ou demostrador no contorno.

6. Valor engadido do producto na actividade industrial.

7. Proxectos concertados desenvolvidos por empresas ou para a realización de actuacións desenvolvidas por asociacións empresariais.

ANEXO VIII

PROGRAMA DE AXUDAS PARA AS ACTUACIÓNS EN MATERIA DE CALIDADE E DESEÑO INDUSTRIAL

Obxecto

Establece-las bases reguladoras para a concesión de axudas para as actuacións en materia de calidade e deseño industrial. Incentivación de actuacións co obxectivo de impulsa-la cultura da calidade empresarial, así como as encamiñadas á incorporación e desenvolvemento do deseño industrial nas empresas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas de carácter industrial, agrupacións, asociacións de empresas ou institucións sen ánimo de lucro.

Requisitos dos beneficiarios

Que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo radicado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Criterios de selección dos proxectos

Por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. A tipoloxía e alcance da actuación.

2. A relación con actividades de conglomerados industriais de empresas, en particular, dos complexos de automoción, naval, madeira ou actividades conexas tales como a fabricación de maquinaria, a fabricación de subproductos ou a fabricación de productos de cadeas laterais de apoio ó conglomerado.

3. O efecto tracción ou demostración que as actuacións produzan no contorno da estructura empresarial e a novidade ó esforzo cualitativo de cara á entidade que executa o proxecto.

4. A integración na relación entre empresas e organismos interface ou centros tecnolóxicos de apoio á estructura empresarial.

5. A execución de acordo con proxectos concertados.

Así mesmo, poderase establecer unha contía de investimento mínimo para cada unha das actuacións, por debaixo da cal non será atendida a solicitude.

ANEXO IX

PROGRAMA DE AXUDAS PARA O SECTOR ARTESANAL GALEGO

Obxecto

Fomento e desenvolvemento do sector artesanal na Comunidade Autónoma de Galicia, a través do apoio tanto ás unidades productivas como ás asociacións de artesáns. A estratexia específica articularase en elementos básicos ou fundamentais como son a creación, mellora ou adecuación das unidades productivas, a mellora no deseño e a calidade das produccións, divulgación e promoción dos productos artesáns ou a formación técnica.

Beneficiarios

Artesáns, obradoiros artesanais e asociacións artesanais de carácter profesional.

Requisitos dos beneficiarios

Os artesáns e talleres artesanais teñen que estar establecidos en Galicia e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, que se regula polo Decreto 218/2001, do 7 de setembro.

As asociacións artesanais de carácter profesional e legalmente constituídas, con domicilio en Galicia e que conten entre os seus membros con máis de vinte artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Criterios de selección dos proxectos

Relacionados por orde decrecente de importancia serán os seguintes:

1. Adecuación técnica, calidade do proxecto que se vai executar, a incidencia deste na mellora da calidade do producto artesanal e a novidade das propostas.

2. Mellora da comercialización, divulgación e promoción de productos artesanais.

3. Capacidade de xerar actividade económica na empresa, creación de novas unidades productivas e contribución á potenciación e creación de postos de traballo.

4. En caso dun proxecto concertado, número de empresas participantes e efectos e vantaxes derivadas da cooperación.

5. Que o solicitante sexa mozo artesán ou muller.

6. Exercer algunha das seguintes actividades artesanais tradicionais: tecidos en baixo lizo, producción de zocos e zocas, tonelería, sellería, guarnicionería, alfarería, forxa, latoería, caldeirería, cestería e labores de palla.

7. Dispoñibilidade orzamentaria.

8. Outros que se consideren de relevancia en cada caso.

Así mesmo, poderase establecer unha contía de investimento mínimo para cada unha das actuacións, por debaixo da cal non será atendida a solicitude.

ANEXO X

PROGRAMA DE AXUDAS PARA O FOMENTO Ó INVESTIMENTO EN MERCADOS RETALLISTAS, EN RÚAS E ZONAS PEONÍS-COMERCIAIS E NOUTROS EQUIPAMENTOS COMERCIAIS DE CARÁCTER SOCIAL, EN DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA CUADRIENAL DE MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL RETALLISTA DE GALICIA

Obxecto

As axudas recollidas neste programa destínanse ás seguintes actividades:

* A realización de estudios para establecer plans concretos de actuación sobre determinadas áreas

urbanas de proxección comercial. Estes estudios deberán ter por obxecto unha área territorial limitada en municipios de máis de 10.000 habitantes, debendo analiza-la situación actual do comercio da devandita área e do seu contorno inmediato, problemas de accesibilidade, transporte público, déficit e superávit de actividades comerciais, locais vacantes, valores do solo, polos de atracción e de centralidade e desenvolver en concordancia con esta análise propostas de mellora do tecido urbano, do amoblamento, sinalización, zonas de carga e descarga, inserción ou reconversión de actividades, rotulación comercial, mellora do transporte público e dos aparcadoiros.

* A realización de estudios de mellora da organización tanto física como funcional, dos mercados retallistas e centros comerciais de barrio, especialmente naquelas áreas que se atopen degradadas e/ou nas que recentemente se teñan implantado algunhas novas fórmulas comerciais, especialmente de gran superficie, así como a realización dos proxectos de investimento de mellora física, xestión ou accesibilidade, como consecuencia das propostas concretas formuladas nos devanditos estudios.

* O investimento en rúas ou zonas peonís comerciais. En concreto, as derivadas de proxectos de creación, modificación e mellora de rúas e zonas peonís comerciais, como consecuencia das propostas especificamente formuladas.

* A actuación nos eixes comerciais, é dicir, aqueles puntos neurálxicos e de actuación arredor dos cales xira o tráfico mercantil máis representativo. Os proxectos deberán promove-lo amoblamento urbano, sinalizacións, rotulación comercial e todos aqueles complementos que estimulen unha mellor actividade comercial.

* O investimento en mercados retallistas. En concreto, a construcción, reparación, modernización e remodelación da estructura física e das instalacións de uso comunitario de mercados retallistas de titularidade municipal.

* O investimento noutros equipamentos comerciais de carácter social. En particular, as dotacións de equipo e instalacións xerais ou complementarias que se integren en unidades comerciais afíns.

Beneficiarios

Poderán beneficiarse das actividades de fomento obxecto de subvención, os concellos que realicen os investimentos no período comprendido entre o inicio do exercicio orzamentario e a data de remate do prazo de xustificación do investimento que se determine na correspondente orde de convocatoria.

Requisitos dos beneficiarios

Os concellos beneficiarios deberán pertencer á Comunidade Autónoma de Galicia.

Criterios de selección dos proxectos

Os proxectos que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables e os criterios

de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das subvencións, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

a) A realización de estudios para establecer plans concretos de actuación sobre determinadas áreas urbanas de forte contido comercial, coas seguintes prioridades:

* Ter por obxecto unha área territorial limitada, analizando a súa problemática actual e desenvolvendo propostas de mellora e do establecemento de medios profesionais de xestión.

* Ter por obxecto a mellora da organización tanto física como funcional dos mercados retallistas e centros comerciais de barrio.

b) Os proxectos de obras en instalacións de rúas e zonas de uso peonil-comercial, cando se sitúen en núcleos con gran presencia comercial, e as actuacións nos eixes comerciais das cidades coas seguintes prioridades:

* Que sexan consecuencia de propostas concretas formuladas con base en estudios previos.

* Que o proxecto sexa compartido polas asociacións de comerciantes beneficiadas coas actuacións que se van realizar e que á súa vez estas tivesen un proxecto de desenvolvemento comercial da devandita área.

* Que o proxecto responda a un plan integral que resolva os aspectos estructurais e funcionais da zona, de acordo con criterios de orde xeral en materia de urbanismo comercial.

* Que se conte cun plan de rehabilitación de vivendas e edificios da zona, que se adecue a criterios específicos de ordenación dos usos e formas comerciais.

* Que as características físicas e comerciais da zona aconsellen a súa creación ou modificación e estas sexan factibles no seu marco urbanístico.

c) Os proxectos destinados á adecuación de edificios, instalacións equipos en caso de mercados municipais retallistas e de abastos.

* Que se producise unha deterioración grave nas instalacións, nos accesos e demais particularidades do mercado.

* Que o mercado se deba adaptar ás esixencias das normativas técnico-sanitarias e das normas básicas de seguridade en edificacións.

* Que a natureza das obras proxectadas responda a unha reparación xeral e non a actuacións de mantemento.

d) En relación coas actividades de fomento noutros equipamentos comerciais de carácter social, terase en conta:

* Que se remodelen as superficies comerciais para procurar un hábitat máis racional nos puntos de venda e doutros elementos comúns dos mercados retallistas ou de unidades comerciais afíns.

* Que se faga unha ordenación adecuada do conxunto, segundo criterios de accesibilidade, comodidade e información dos consumidores e usuarios.

ANEXO XI

PROGRAMA DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS

SEN FINS DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DE DISTRIBUCIÓN, LOXÍSTICA E PROMOCIÓN COMERCIAL, EN DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA CUADRIENAL DE MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL RETALLISTA DE GALICIA

Obxecto

As actividades susceptibles de subvención serán os investimentos dirixidos á distribución, loxística e mellora da promoción do comercio e os productos galegos, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma como no dos mercados nacionais e internacionais.

As actividades incentivables son:

* Actividades que teñan por finalidade a distribución, fomento e desenvolvemento loxístico da actividade comercial.

* Estudios de mercado realizados por empresas especializadas.

* Participación en feiras sectoriais de carácter profesional, concretamente o alugamento de espacios e servicios, montaxe e decoración de stands e transporte de productos ou materiais por medios externos.

* Material de campaña, concretamente edición e impresión de catálogos, displays, carpetas de prensa, carteis, producción de vídeos e anuncios, material fotográfico e elementos análogos.

* Publicidade, concretamente as campañas e insercións en medios de comunicación, tanto escritos como audiovisuais.

* Organización de presentacións e actos promocionais externos co alugamento de salas e persoal de asistencia. Para o caso de participación en desfiles, pasarelas, exposicións, mostras ou eventos similares: dirección e organización, estilismo, modelos e transportes de coleccións ou mostrarios.

Non terán a consideración de subvencionables, para cada unha das accións realizadas, os seguintes conceptos:

1. Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento de persoal.

2. Gastos de mailings, mostras, regalos promocionais e os relativos á celebración de cocktails e actos análogos.

3. Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

Beneficiarios

As asociacións de carácter territorial ou sectorial, sen fins de lucro, así como calquera outra entidade representativa das pequenas e medianas empresas comerciais, sen fins de lucro.

Requisitos dos beneficiarios

Poderán beneficiarse das axudas as asociacións de carácter territorial ou sectorial, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas, e das que o seu ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia ou ben calquera outra entidade representativa das pequenas e medianas empresas comerciais, sen fins de lucro no ámbito territorial e que pretendan levar a cabo proxectos de interese e transcendencia no ámbito comercial.

Criterios de selección dos proxectos

Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das subvencións, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. Os proxectos que respondan a un plan xeral de fomento do comercio retallista ou sectorial.

2. O alcance das actuacións, atendendo tanto á súa difusión como á representatividade da entidade e, se é o caso, número de membros que as desenvolvan.

3. O fomento daqueles productos ou artigos respecto dos cales o ciclo completo de producción se desenvolva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A importancia estratéxica do sector económico ó que pertenza a asociación.

5. A maior achega financeira da entidade solicitante en relación co investimento subvencionable.

6. Que o esforzo económico do sector sexa especialmente relevante no proxecto e que concorran outras administracións ou institucións públicas ou privadas no seu desenvolvemento.

ANEXO XII

AXUDAS E SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SEN FINS DE LUCRO PARA ACTUACIÓNS EN REVITALIZACIÓN URBANÍSTICO-COMERCIAL, IMPLANTACIÓN DE PROGRAMAS

DE CALIDADE, ASESORAMENTO E ASISTENCIA TÉCNICA

Ó COMERCIO RETALLISTA, EN DESENVOLVEMENTO

DO PROGRAMA CUADRIENAL DE MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL RETALLISTA DE GALICIA

Obxecto

As actividades susceptibles de subvención ó abeiro desta orde teñen por obxecto fomenta-lo asociacionismo comercial co fin de promover aquelas actuacións dirixidas á elaboración de programas de dinamización e revitalización urbanistico-comercial das áreas urbanas, implantación de programas de calidade e axudas para o asesoramento e asistencia técnica ó comercio retallista.

As actuacións incentivables son:

a) O deseño, execución e implantación dun programa de dinamización que permita mellora-la súa

posición competitiva nos mercados de distribución. O referido programa de dinamización ten que incluír, para garanti-la súa viabilidade técnica, as seguintes etapas:

* Delimitación da área susceptible de levar a cabo unha política comercial conxunta de tódolos establecementos que nela se atopan integrados e que terá que configurarse como unha concentración de oferta significativa, tanto desde o punto de vista cuantitativo como cualitativo.

* A definición dun plan estratéxico de actuación, que teña como obxectivo consolida-la área obxecto do programa de dinamización como un centro comercial urbano e mellora-la percepción competitiva que del teñen os consumidores.

* A contratación do persoal cualificado para dirixir e coordina-lo plan estratéxico de actuación. Este persoal cualificado poderá ser incorporado ó inicio das actuacións para desenvolve-lo referido plan, no caso de que se considere necesaria a súa contribución.

b) Actuacións de revitalización urbanística-comercial das áreas urbanas mediante accións de promoción dirixidas á creación e desenvolvemento de centros comerciais urbanos, a través de incentivos ó investimento en: amoblamento urbano, sinalizacións, promulgación de rótulos comerciais e demais complementos que estimulen a actividade comercial, así como a contratación de xerentes de centros comerciais urbanos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, fomentaranse os proxectos de investimento dirixidos á transformación estructural dos mercados municipais en centros comerciais xestionados polos propios comerciantes.

c) Acceso a novas tecnoloxías comerciais, en especial as relacionadas cos servicios e o comercio electrónico, así como o fomento á creación de centros comerciais virtuais que, co soporte das novas tecnoloxías informáticas e de comunicacións, permitan crear ou potenciar canais alternativos de distribución que melloren o servicio ó cliente final, ofrecéndolle a posibilidade de comprar a distancia.

d) Promoción e divulgación, electrónica ou por medios tradicionais, de iniciativas de negocio na Internet.

e) Implantación de programas de calidade, mediante proxectos orientados a unha mellora da calidade na presentación dos productos, etiquetaxes, marcas de calidade, así como a realización de estudios de investigación, análise e estratexia empresarial para a creación e desenvolvemento dun formato comercial do tipo: cadeas sucursalistas, cooperativas de retallistas, centrais de compras, cadeas voluntarias, cadeas de franquía e outros.

f) Asesoramento e asistencia técnica mediante o apoio á creación e actuacións de gabinetes de asistencia técnica ó comercio, para a prestación de asistencia técnica en áreas moi diversas (fiscal, laboral, comercial, xurídica), tarefas de información, forma

ción, promoción e animación comercial, ademais da realización de análise e estudios en relación co sector da distribución comercial e, en xeral, todas aquelas accións encamiñadas a imprimir competitividade na xestión comercial e a profesionaliza-lo sector.

Beneficiarios

As asociacións de carácter territorial ou sectorial, sen fins de lucro, así como calquera outra entidade representativa das pequenas e medianas empresas comerciais, sen fins de lucro.

Requisitos do beneficiario

Poderán beneficiarse das axudas as asociacións de comerciantes de carácter territorial ou sectorial, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas, e cun ámbito de actuación que se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia ou ben calquera outra entidade representativa das pequenas e medianas empresas comerciais, sen fins de lucro, no ámbito territorial e que pretendan levar a cabo proxectos de interese e transcendencia no ámbito comercial.

Criterios de selección dos proxectos

Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, comercial e financeiramente viables e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das subvencións, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. Programas de dinamización territorial que consideren aquelas zonas ou eixes comerciais urbanos con potencial real para configurarse como centros comerciais urbanos, ou aquelas áreas territoriais ou sectores que se atopen en procesos de cambio acelerado para a introducción de novos formatos de competencia.

2. Que o esforzo económico do sector comercial afectado sexa especialmente relevante no proxecto e que concorran o concello e/ou outras administracións ou institucións no seu desenvolvemento.

3. Que o número de empresas participantes no proxecto, así como o seu esforzo económico e o seu grao de participación nel sexan especialmente relevantes.

4. Actuacións que respondan á formulación dun plan xeral para a modernización, racionalización e desenvolvemento das empresas asociadas.

5. Calidade e rigor na elaboración do proxecto, así como o seu carácter innovador.

ANEXO XIII

AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A MODERNIZACIÓN

E MELLORA DO PEQUENO COMERCIO EN DESENVOLVEMENTO

DO PROGRAMA CUADRIENAL DE MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL RETALLISTA DE GALICIA

Obxecto

1. As actividades susceptibles de subvención serán os investimentos dirixidos á modernización e mellora do pequeno comercio.

As actividades incentivables son :

a) Adquisición de equipamento informático e telemático específico para a xestión comercial, incluído o investimento en aplicacións informáticas xenéricas ou estándar destinadas á realización de tarefas de contabilidade, control de almacén, automatización de vendas, emisión de documentos ou calquera outra que supoña unha mellora na xestión comercial, quedando excluídas as específicas ou realizadas á medida, así como os custos de revisión, adaptación e corrección destas.

b) A adquisición de caixas rexistradoras, terminais punto de venda, lectores de códigos, sistemas de medición e peso, sistemas de etiquetaxe e sistemas antifurto incorporados ó producto, ou similares.

2. Queda excluída desta liña de axudas a adquisición de calquera tipo de mobiliario e outros utensilios que non teñan a consideración de equipamento informático, tales como fotocopiadoras, aparellos de teléfono e fax, máquinas de escribir, así como ordenadores portátiles.

Non terán carácter subvencionable os investimentos realizados mediante contratos de arrendamento financeiro ou outras modalidades de financiamento, nin se computará como investimento a compra de mercadorías obxecto de comercialización pola empresa beneficiaria.

Beneficiarios

Os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas establecidas, ou que pretendan establecerse na Comunidade Autónoma de Galicia, que na totalidade dos seus centros non superen o número de dez traballadores.

Requisitos dos beneficiarios

a) Que desenvolvan a actividade en establecementos comerciais ou o comercio ambulante, no territorio da comunidade autónoma.

b) Que estean incluídos dentro das agrupacións 64 (comercio polo miúdo de productos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecementos permanentes 65 (comercio polo miúdo de productos industriais non alimenticios realizado en establecementos permanentes) e 66 (comercio mixto ou integrado; polo miúdo fóra de establecementos comerciais permanentes;) correspondente ó imposto de actividades económicas.

En todo caso quedarán exceptuadas deste programa de axudas as empresas que a súa actividade estea dada de alta nalgún dos epígrafes do IAE que se determinen na correspondente orde de convocatoria.

Criterios de selección dos proxectos

Os investimentos que se presenten deberán ser técnica, comercial e financeiramente viables e a resolución das solicitudes efectuarase por orde de entrada destas, unha vez completada a documentación esixida e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

ANEXO XIV

PROGRAMA DE AXUDAS A ORGANIZACIÓNS

DE CONSUMIDORES E USUARIOS, PARA O MANTEMENTO

E FUNCIONAMENTO DE OFICINAS DE ATENCIÓN

ÓS CONSUMIDORES E USUARIOS

Obxecto

Estas axudas terán como finalidade financiar, exclusivamente, os gastos seguintes:

* Servicios externos, entendéndose por tales os referidos a arrendamentos, reparacións e conservación de locais, auga, enerxía eléctrica, correos e telégrafos, teléfono (non móbiles), material de oficina, calefacción, limpeza, gastos de comunidade e seguros.

* Gastos de persoal referentes a soldos, salarios e Seguridade Social por conta da organización, todos eles referidos exclusivamente ó persoal da oficina, así como colaboracións esporádicas.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as federacións e asociacións de consumidores e usuarios inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia á que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Requisitos dos beneficiarios

Deberán cumpri-los seguintes requisitos:

* Dispoñer de oficinas abertas ó público que teñan como único fin a defensa do consumidor e usuario; oficinas que deberán estar abertas ó público durante un mínimo de 25 horas semanais, polo menos 4 horas diarias de luns a sábado, durante todo o ano. Disporán dun cartel horario, en lugar visible, á entrada do local.

* Facilitarlles, nas oficinas, información a tódolos consumidores que así o soliciten para o adecuado exercicio dos seus dereitos, atendendo e tramitando as súas consultas, reclamacións e denuncias.

* Dispoñer dun cadro de persoal axeitado ós servicios prestados e ó ámbito territorial da oficina.

* Comunicarlle ó Instituto Galego de Consumo, con carácter mensual, información sobre consultas, reclamacións e denuncias atendidas nas oficinas.

* Poñer á disposición do Instituto Galego de Consumo calquera información ou documentación que se lle solicite, especialmente a destinada a comproba-los datos facilitados polas organizacións.

* Atoparse adheridas ó Sistema Arbitral de Consumo a través da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, tendo o deber de participar nos colexios arbitrais a través dos árbitros designados por elas.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas organizacións que, incumprindo manifestamente os seus deberes legais, non colaborasen ou facilitasen a información solicitada polo Instituto Galego de Consumo.

Criterios de selección dos proxectos

As axudas ás organizacións de consumidores outorgaranse, en orde decrecente, atendendo ós criterios seguintes:

1. Número de socios da organización.

2. Cota media aboada por socio.

3. Número de oficinas.

4. Número de habitantes do concello onde estea situada a oficina.

ANEXO XV

PROGRAMA DE AXUDAS A ORGANIZACIÓNS

DE CONSUMIDORES E USUARIOS PARA PROXECTOS

DE MELLORA DO MERCADO EN RELACIÓN COS INTERESES

DOS CONSUMIDORES

Obxecto

As axudas recollidas neste programa destinaranse á realización de proxectos ou actuacións que teñan como prioridade a mellora do funcionamento do mercado, desde o punto de vista dos intereses dos consumidores. Entre as actividades incentivables atópanse:

1. Proxectos que contribúan a incrementa-lo número de adhesións ó Sistema Arbitral de Consumo e, en especial, en sectores de gran relevancia social, como é o caso dos servicios básicos.

2. Proxectos relacionados coa poboación moza e, en especial, os que teñan por obxectivo a incorporación dos xoves ó movemento asociativo.

3. Estudios e xornadas técnicas relacionados coa liberalización de servicios, en especial os relacionados coa enerxía, transporte, comunicacións e entidades financeiras.

4. Proxectos de mellora do mercado en relación con colectivos vulnerables.

5. Proxectos relacionados coa transversalidade e divulgación dos intereses dos consumidores dentro do sistema educativo.

6. Asesoramento e asistencia técnica mediante o apoio á creación e actuacións de gabinetes técnico-xurídicos coa finalidade da tramitación xudicial de laudos arbitrais de consumo.

O número de proxectos que se van financiar por organización será como máximo de dous.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as federacións e asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, ó que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Requisitos dos beneficiarios

Deberán cumpri-los seguintes requisitos:

* Dispoñer de oficinas abertas ó público que teñan como único fin a defensa do consumidor e usuario,

oficinas que deberán estar abertas ó público durante un mínimo de 25 horas semanais, polo menos 4 horas diarias de luns a sábado, durante todo o ano. Disporán dun cartel horario, en lugar visible, á entrada do local.

* Facilitar, nas oficinas, información a tódolos consumidores que así o soliciten para o adecuado exercicio dos seus dereitos, atendendo e tramitando as súas consultas, reclamacións e denuncias.

* Dispoñer dun cadro de persoal axeitado ós servicios prestados e ó ámbito territorial da oficina.

* Comunicarlle ó Instituto Galego de Consumo, con carácter mensual, información sobre consultas, reclamacións e denuncias atendidas nas oficinas.

* Poñer á disposición do Instituto Galego de Consumo calquera información ou documentación que se lle solicite, especialmente a destinada a comproba-los datos facilitados polas organizacións.

* Atoparse adheridas ó Sistema Arbitral de Consumo a través da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, tendo o deber de participar nos colexios arbitrais a través dos árbitros designados por eles.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas organizacións que, incumprindo manifestamente os seus deberes legais, non colaborasen ou facilitasen a información solicitada polo Instituto Galego de Consumo.

Criterios de selección dos proxectos

As axudas ás organizacións de consumidores outorgaranse atendendo ós criterios seguintes, relacionados por orde decrecente de importancia:

1. A calidade do proxecto atendendo ó rigor co que se diagnosticara a necesidade da acción proposta, o seu deseño, ámbito demográfico e territorial, e a implantación dun sistema de indicadores que permita valora-lo grao de realización dos obxectivos previstos nel.

2. O custo medio por beneficiario das accións desenvolvidas no proxecto.

3. A traxectoria observada na organización para a realización dos seus compromisos e as disposicións reguladas en anteriores convocatorias para a concesión de subvencións.

4. Número de socios da organización.

5. Cota media aboada por socio.

ANEXO XVI

PROGRAMA DE AXUDAS A CORPORACIÓNS LOCAIS PARA ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN, EDUCACIÓN E DEFENSA

DO CONSUMIDOR E USUARIO

Obxecto

Estas axudas están dirixidas ós seguintes gastos e actividades:

* Gastos de funcionamento das oficinas municipais de Información ó Consumidor.

* Programas específicos que contribúan á defensa, protección e promoción dos intereses xerais dos consumidores e usuarios, á información e a mellora-la súa posición no mercado. Os programas que se financiarán son os seguintes:

1. Proxectos que faciliten a transición á moeda única e melloren a posición do consumidor no mercado.

2. Proxectos que contribúan a incrementa-lo número de adhesións ó Sistema Arbitral de Consumo e, en especial, en sectores de gran relevancia social, como é o caso de servicios básicos.

3. Proxectos dirixidos á poboación moza co obxectivo de eleva-lo seu nivel de formación en materia de consumo.

4. Proxectos que contribúan a mellora-la formación e información do consumidor, en especial os relacionados coas novas tecnoloxías, a sociedade de información e a liberalización dos servicios básicos dirixidos ós cidadáns.

5. Proxectos que reforcen a formación e educación en materia de consumo dentro do sistema educativo.

6. Proxectos dirixidos á protección e defensa dos colectivos de consumidores vulnerables.

7. Cursos básicos de consumo que cumpran como mínimo coas condicións que se establecen na orde de convocatoria.

Beneficiarios

Os concellos desta comunidade autónoma, para actuacións de información e defensa dos consumidores e usuarios galegos que se realicen a través das súas correspondentes oficinas municipais de Información ó Consumidor (OMIC).

Requisitos dos beneficiarios

Para que os concellos se poidan beneficiar das axudas ás que fai referencia o artigo 2º desta resolución, as oficinas municipais de Información ó Consumidor (OMIC) deberán cumprir, ademais das obrigas derivadas do Decreto 185/1994, do 16 de xuño, as seguintes condicións:

1. Estar abertas ó público 5 horas diarias como mínimo e contar cun rótulo no que conste de maneira destacada o obxecto da oficina.

2. Facilitarlle ó público información e asesoramento sobre os seus dereitos como consumidor e a forma de exercelos.

3. Atende-las consultas, reclamacións e denuncias dos consumidores e usuarios, colaborando para tal fin co Instituto Galego de Consumo.

Criterios de selección dos proxectos

Valoraranse os proxectos atendendo ós seguintes criterios, relacionados por orde decrecente de importancia:

* Grao de implantación territorial sobre o censo do número de habitantes de feito do municipio, ou

do ámbito territorial de actuación da oficina e o do proxecto formulado.

* Achega económica da entidade ou entidades peticionarias ou, no caso de proxectos específicos, o custo medio por beneficiario das accións desenvolvidas.

* A calidade do proxecto.

* A realización conxunta do proxecto por varios concellos e en colaboración con asociacións de consumidores.

* Consultas e reclamacións atendidas pola OMIC no ano precedente ó da convocatoria.