Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU no ámbito do polígono B-2 da Parda, Pazo da Parda e vía de circunvalación, tramo Pedra do Lagarto (PO-242) e da normativa integrante dela.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o vintecatro de novembro pasado, prestou aprobación definitiva o documento denominado de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana no ámbito do sector urbanizable B-2 da Parda «refundido», que abranxe o actual polígono B-2, parte do Pazo da Parda e da vía de nova apertura prolongación do sistema xeral que atravesa a unidade de actuación 14 do PXOU (entre as rúas A Estrada e Pintor Laxeiro -antes Pedra do Lagarto-) en execución do convenio urbanístico subscrito o 19-5-1999 pola Alcaldía e José Ramón Fernández Bugallal y Barrón, sendo o proxecto formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión en data 28-9-2000 e plano 0-03 subscrito por este facultativo e incorporado ó seu informe do 25-10-2001, en cumprimento da observación formulada no informe favorable, de carácter preceptivo e vinculante, emitido o pasado 8-10-2001 polo conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Así mesmo, dispúxose a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e a súa comunicación ás administracións públicas, entidades e persoas interesadas, con ofrecemento do réxime de recursos procedente, dispoñéndose tamén o seu traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP para logra-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, téndose que proceder ó cumprimento e execución das estipulacións do convenio urbanístico que foi subscrito o 19-5-1999, unha vez que entre en vigor a presente modificación puntual do instrumento urbanístico de ordenación integral do municipio.

Consonte o disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, no BOP nº 20, do 29-1-2002 publicouse o texto íntegro da normativa da modificación do planeamento aprobada, remitíndose copia do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para os efectos establecidos no número 3 e 4 deste precepto.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a

vía administrativa, poderá interpoñer directamente quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º 6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente conforme dereito, significándolles que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2002.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tte. alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral