1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.
c) Número de expediente: 6/2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: é a asistencia técnico-urbanística ós servicios técnicos municipais na toma de datos sobre o terreo e confección de información urbanística así como a realización dos traballos auxiliares necesarios para a redacción de documentos urbanísticos de planeamento.
b) División por lotes e número: lote A: SUNP-35, PEMMU 14 (A Amañecida), PEMMU 15 (Chouchiños).
Lote B: modificación puntual do plano xeral nos ámbitos do SUNP-36, SUNP-12 e SUNP-11, plan parcial do SUNP-36 (A Pulleira), PEMMU 5 (Mallou de Arriba).
c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.
d) Prazo de execución ou data límite de entrega: 1 ano.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 29.750,10 euros, incluído IVE, para cada un dos lotes.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
Documentación: Copy Estudio. Rúa Nova de Abaixo, 19-21, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.
Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Pza. Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.
Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP da Coruña (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG).
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: o licitador ou director do equipo deberá ser arquitecto na especialidade de urbanismo. Deberase acreditar coñecementos e medios informáticos suficientes para poder elabora-los documentos da asistencia.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP e no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 14 do prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).
2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (pavillón da Trindade).
3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría).
b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.
c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.
d) Data: segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 18 do prego de condicións.
Así mesmo, exponse ó público o prego que rexe a licitación durante o prazo de 8 días no Negociado de Contratación para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2002.
O alcalde
Rubricado