Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO reformado do proxecto de compensación do Baño: rectificación de erro material.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 28-2-2002, adoptou o seguinte acordo:

«Visto o escrito presentado por Carlos Abal Lourido, en representación de Mahía Inmobiliaria, S.L., relativo á solicitude de rectificación do erro material padecido na cabida do predio segregado do predio achegado nº 2 do reformado do proxecto de compensación do Baño, aprobado definitivamente pola Comisión Municipal de Goberno con data do 3-8-2001, rectificado por acordo da Comisión de Goberno do 3-12-2001.

Comprobado que na páxina catro do documento consta que o predio achegado nº 2 cunha superficie de 20.387 m, da que quedan incluídos no polígono 18.200,39 m, tal como consta na citada páxina 4, e no plano nº 01 do documento -predios afectados- resulta claro que o predio que se segrega e se exclúe do ámbito ten que ter unha superficie de 2.186,61 m, e non os 4.886,61 que figuran no documento por erro.

Á Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material producido na cabida do predio segregado do predio achegado nº 2 do documento do reformado do proxecto de compensación do Baño, do polígono único do Plan parcial do Baño.

Segundo.-Facer constar que o erro material que se padeceu consistiu en que se fixo constar como superficie do predio segregado do predio achegado nº 2 do reformado do proxecto de compensación a de 4.886,61 m, cando a superficie correcta do predio segregado é a de 2.186,61 m».

Contra o acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, os interesados poderán interpor calquera outro recurso que estimen pertinente.

Mugardos, 28 de febreiro de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde