Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 11 de febreiro de 2002, acordou aproba-lo prego de condicións e o proxecto da subministración denominada subministración de mobiliario para sala de usos múltiples e aula da natureza.

En cumprimento do disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, queda exposto ó público polo espacio de 8 días, co obxecto de presentación das reclamacións que se consideren oportunas.

Sen prexuízo do que resulte da devandita exposición e do aprazamento que proceda cando resulte necesario, anúnciase a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario para sala de usos múltiples e Aula da Natureza.

b) Lugar de execución: Betanzos.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

60.444,85 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 1.208,9 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: praza de Galicia nº 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 65 25.

e) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 14 do último día de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP, segundo sexa o último publicado, rematando ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que consta no prego de condicións administrativas xerais.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Betanzos.

2. Domicilio: praza de Galicia nº 1, Edificio Liceo.

3. Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos (Negociado de Contratación).

b) Enderezo: praza de Galicia nº 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación; pasará a luns de coincidir en sábado.

e) Hora: 12 horas.

9. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 15 de febreiro de 2002.

Ramón García Vázquez

Delegado de Obras