Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002 pola que se modifica o prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso para a contratación de redacción de proxecto e dirección técnica das obras de recuperación ambiental da antiga canteira na base do monte de San Pedro e a comunicación a través dela do paseo marítimo co dito monte por medio dun elevador.

A Alcaldía-Presidencia, mediante Providencia do 28 de febreiro de 2002, adoptou a seguinte resolución:

Primeiro.-Modifica-la cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares regulador do

concurso con procedemento aberto para a contratación de redacción de proxecto e dirección técnica das obras de recuperación ambiental da antiga canteira na base do monte de San Pedro e a comunicación a través dela do paseo marítimo co dito monte por medio dun elevador, que queda redactada como segue:

«Poderán concursar aqueles técnicos, arquitectos, enxeñeiros ou outras titulacións que reúnan os requisitos legais para poderen executa-lo dito proxecto no momento da presentación da proposición, de forma individual ou formando equipos multidisciplinares nos que poderán figurar estudiantes colaboradores dos ditos profesionais. Así mesmo, poderán presentarse persoas xurídicas que teñan por obxecto social a elaboración e dirección de proxectos de obras».

Segundo.-Ordena-la publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, outorgando un novo prazo de sesenta días para a presentación de ofertas, contado a partir do anuncio de rectificación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de febreiro de 2002.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente de alcalde delegado de Contratación