Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 8 de febreiro de 2002, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de mobi

liario urbano para espacios de recreo ligados ó medio natural, incluído no Plan XXI para o fomento de turismo de natureza na provincia da Coruña, da deputación provincial.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministrar mobiliario urbano para espacios de recreo ligados ó medio natural.

b) Lugar de entrega: Concello de Bergondo.

c) Prazo de entrega: 30 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 39.252,86 euros (6.531.126 pesetas).

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada da Coruña nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Telefax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día sinalado como último para a presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: en dous sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusula 9 e nos anexos II e III do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo.

d) Prazo de validez da oferta: 3 meses contados desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: ás 10 horas do día seguinte hábil a aquel que se sinala como último para a presentación de ofertas.

9. Gastos de anuncios:

Tódolos gastos correspondentes ós anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 8 de febreiro de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente