Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobados con carácter inicial, na sesión plenaria do 17 de decembro de 2001, os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono único do Plan parcial Pombal, Redes-Ares, delimitado no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, ó abeiro do artigo 133, en relación co 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 162 do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística, sométese o dito acordo a información pública polo prazo de vinte días, para que calquera interesado ou afectado poida presentar por escrito as alegacións que máis conveñan, ó seu interese, estando o expediente á disposición dos interesados e afectados na secretaría do concello.

Ares, 28 de febreiro de 2002.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde