Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servicio que se cita. (Expediente 301/2002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 301/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: expediente 30/2002: servicio de limpeza en diversos centros da universidade.

b) División por lotes e número: 2 lotes, lote 1: edificio Fundación de Vigo e lote 2: pavillóns I e II do Campus Norte de Ourense.

c) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total para o lote 1 é 64.308,30 euros e lote 2: 31.853,64 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Oporto, 1, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 6 de marzo de 2002.

Domíngo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo