Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servicio de limpeza do centro de saúde de Vite. (Expediente 2/2002).

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público.

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Contratación do servicio de limpeza do centro de saúde de Vite (expediente 2/2002). Orzamento estimado total: 48.120 euros (8.006.494 pesetas), IVE incluído.

Ano 2002: 18.045 euros (3.002.435 pesetas), IVE incluído.

Ano 2003: 24.060 euros, (4.003.247 pesetas), IVE incluído.

Ano 2004: 6.015 euros, (1.000.812 pesetas), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar no prazo de trinta días, como máximo, contado a partir da data de notificación da adxudicación. O contrato ten unha duración de dous anos.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que na folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitala na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sita na rúa Santiago León de Caracas, nº 12, C.P. 15701, Santiago de Compostela, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono 981 52 73 27 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia Atención Primaria de Santiago de Compostela antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 9.30 horas do décimo primeiro día hábil contado desde o seguinte ó último sinalado para a recepción de proposicións. Se este día coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2002.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela