Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de afección de bens pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Inmobiliaria Vilalbesa, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de afección de bens pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor: Inmobiliaria Vilalbesa.

NIF/CIF: B-27040237.

Importe: 16.705,37 A

Zona de Recadación: Lugo.