Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Pérez Molares, Mª Carmen.)

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación dos artigos 35, 110 e 142 da Lei xeral tributaria e 36 do Regulamento xeral de inspección tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 15 de febreiro de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Pérez Molares, Mª Carmen.

DNI: 35971212V.

Baiona, 11-8º B, Vigo.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns, exercicio: 1996, expediente S-1106/97.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA