Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.496

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (317/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 317/2001, que se segue neste xulgado por lesións en agresión, no que foron partes, como denunciante Clarisa Varela Rodríguez e, como denunciado, Manuel Balsa Varela, se acordou citar a Manuel Balsa Varela, en calidade de denunciado,

para que compareza, ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 27 de marzo, ás 10.10 horas, para a realización do xuízo de faltas.

E para que conste e lle sirva de citación a Manuel Balsa Varela, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 13 de febreiro de 2002.

O secretario

Rubricado