Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.496

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (133/2000).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 133/2000, que se segue neste xulgado por danos, no que foron partes, como denunciante, Eduardo Ferreiro Mallo, como prexudicado, Rafael Ferreiro Mallo e, como denunciado, José Francisco Doldán Ferreiro, se acordou citar a José Francisco Doldán Ferreiro, en calidade de denunciado, para que compareza ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 27 de marzo, ás 10.20 horas, para a realización do xuízo de faltas sinalado.

E para que conste e lle sirva de citación a José Francisco Doldán Ferreiro, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 13 de febreiro de 2002.

O secretario

Rubricado