Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.495

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 23 do III convenio colectivo para persoal laboral das universidades públicas de Galicia, resolve anuncia-la convocatoria pública, mediante libre designación, do antedito posto, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria.

1. Requisitos dos candidatos: poderá concursa-lo persoal laboral fixo que reúna os requisitos que se esixen e se especifican no anexo.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, (sito no Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n), no Rexistro do Campus de Lugo, (sito no edificio servicios administrativos e Biblioteca Intercentros, avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n, polígono de Fingoi), ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán enmendarse en calquera momento de oficio ou a petición do interesado.

3. Méritos. Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

4. Norma derradeira. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia reso

lución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2002.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: director/a da Escola Infantil Breogán.

Grupo: II.

Localidade: Santiago de Compostela.

Plus: I.

Requisitos: mestre/a de educación infantil.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO