Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Na sesión da Comisión Municipal de Goberno, do día 4 de marzo de 2002, adoptouse o acordo número 22678 -Urbanismo-proxecto de compensación de Residencial Monasterio, S.L. polígono nº 9, polo que se aprobou inicialmente o proxecto de compensación e o informe de Tasaciones Inmobiliarias, S.A. (Tinsa), entregando no concello o 14 de xaneiro de 2002, coa valoración do aproveitamento urbanístico que corresponde ó concello no polígono nº 9 e a súa materialización na superficie de local indicada polo aparellador municipal. Sométense os dous expedientes a información pública polo prazo de 20 días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior difusión da provincia, podendo durante o dito prazo presentarse as alegacións oportunas, tanto contra o proxecto de compensación coma contra a valoración do aproveitamento urbanístico do concello realizado por Tinsa, e a súa materialización nun local comercial que se vai instalar no dito polígono.

Poio, 5 de marzo de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde