Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de compensación do Plan Parcial Cambeses. (Expediente 4314/401).

Na asemblea do 15 de outubro de 2001 da Xunta de Compensación do Plan Parcial Cambeses, acordouse aprobar inicialmente o correspondente proxecto de compensación, co voto favorable do 94,21% das cotas de participación. O citado proxecto de compensación, presentado no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo pra a súa tramitación, e que agora se somete a información pública, consta de dous exemplares rubricados polo secretario e o presidente da Xunta de Compensación con data do 15 de outubro de 2001 (páxina 166), con planos visados polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil.

Ó abeiro do establecido nos artigos 133.8º, e 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, depois de aprobado inicialmente pola Xunta de Compensación, procede abrir un período de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e notificación individualizada ós directamente interesados, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 1 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo