Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno municipal en sesión do 25 de xaneiro último, o Plan parcial do sector sur-4 Moreiras, do Plan Xeral de Ordenación Municipal, promovido por Xestur, Ourense, S.A., exponse ó público durante o prazo dun mes, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado o expediente na secretaría municipal e presentárense as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes.

Ó mesmo tempo faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no ámbito do referido sur-4.

O Pereiro de Aguiar, 1 de marzo de 2002.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde