Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a seguinte subministración:

Obxecto: instalación de puntos de información turística e cultural.

Orzamento de licitación: 74.562,76 euros (12.406.200 pesetas).

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de entrega: un mes.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de quince días (15) naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 27 de febreiro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa