Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Catoira, 2667, da provincia de Pontevedra e promovida por Graveras Limia, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación

da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Catoira nº 2667, situada en terreos dos concellos de Catoira e Valga, provincia de Pontevedra e solicitado por Graveras Limia, S.L.

Ós efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do mesmo para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas