Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 12/2001).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A.

Enderezo: r/ J.L. Bugallal Marchesi, 20, 1º esq. 15008 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Pedravella.

Concellos afectados: Mazaricos, Negreira e Serra de Outes.

Coordenadas poligonais:

A: (X= 511.000; Y= 4.752.000)

B: (X= 511.000; Y= 4.746.500)

C: (X= 510.000; Y= 4.746.500)

D: (X= 510.000; Y= 4.748.500)

E: (X= 507.000; Y= 4.748.500)

F: (X= 506.000; Y= 4.749.000)

G: (X= 507.500; Y= 4.752.000)

Potencia que se vai instalar: 49,6 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 8 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña