Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., estación Pobra, concello da Pobra de Brollón. (Expediente 12/2001 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1. Blanca Fernández Pérez, quen solicita que se proceda á emenda dos erros padecidos na identificación da parcela nº 4 das afectadas pola liña que nos ocupa. Así mesmo, solicita que se realice un novo trazado distinto ó proxectado xa que o actual fai inservible a parcela para calquera uso que non sexa o de dedicala a monte.

2. Manuel González Rodríguez, quen manifesta que os datos da parcela nº 6 das afectadas polo trazado da liña que nos ocupa son tamén incorrectos por pertencer aquela a varios propietarios e non a un só, solicitando que se proceda á rectificación de tal erro.

Tendo en conta as alegacións realizadas e as manifestacións feitas como contestación a elas por parte da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., esta delegación provincial considera que o alegado por Blanca Fernández Pérez e por Manuel González Rodríguez, non impide continuar coa tramitación e aprobación do proxecto obxecto deste expediente polas seguintes razóns:

1. Con respecto ó alegado por Blanca Fernández Pérez por canto foron corrixidos os erros de identificación do predio, tomando nota dos novos datos tanto a empresa Unión Fenosa, como esta delegación provincial.

Polo que respecta á modificación do trazado solicitada, esta non pode ser tida en conta polas seguintes razóns: a) A solicitante non fai unha proposta concreta de trazado alternativo para o seu estudio, proposta que en todo caso terá que cumpri-los requisitos establecidos no artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa, e sancións en materia de instalacións eléctricas. b) Porque o artigo 4 do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento técnico das liñas eléctricas aéreas de alta tensión, establece que as liñas eléctricas se estudiarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de lograr unha óptima solución para o conxunto da instalación. c) Porque o novo trazado discorre exactamente polo trazado da liña de media tensión que se vai substituír entre os apoios 1 a 3 e paralelamente e a máis curta distancia entre os apoios 3 e 5, polo que o

seu impacto sempre será menor que se se realiza un novo trazado que implicaría novos predios afectados. d) Por último, cómpre indicar que os prexuízos que esta liña eléctrica ocasione serán obxecto da correspondente indemnización logo da tramitación do expediente que se instruirá para tal efecto nos termos establecidos nos artigos 29 e seguintes da Lei de expropiación forzosa.

2. Con respecto o manifestado por Manuel González Rodríguez, porque foron corrixidos os erros manifestados polo alegante en canto á titularidade da parcela nº 6.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación; ós que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de indus

tria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A., o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña aérea de media tensión con orixe na L.M.T. derivación a C.T. Casanova e remate na L.M.T. derivación ó C.T. estación de 560 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálico en conductor LA-110.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución e anexos, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido dos informes técnicos de data 14 de novembro de 2001.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que polo representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data 4 de decembro de 2001, Diario Oficial de Galicia de data 4 de xaneiro de 2002 e no BOP de Lugo do 13 de decembro de 2001, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello da Pobra de Brollón. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos

ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 5 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo