Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 21 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión directa de explotación Villagarcía 2816.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 21-11-2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión directa de explotación denominada Villagarcía nº 2816, sita en terreos do termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, promovido por Granitos Fernández Fernández, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 0,56 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 2 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 37' 00'', 42º 36' 40'' norte, e polos meridianos 8º 44' 00'', 8º 43' 20'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Villagarcía nº 2816, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra