Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fai constar:
Que no xuízo de faltas 128/2001 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:
Sentencia:
En nome da Súa Maxestade El-Rei
En Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2001.
Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 128/2001, no que actuaron como partes, como denunciantes-denunciados, Antonio Villar Fraga e Laura Mellado Luci.
Foi parte o Ministerio Fiscal
Decido que debo absolver e absolvo a Antonio Villar Fraga e a Laura Mellado Luci das faltas das que foran acusados, declarando as custas de oficio.
Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento
das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle
sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.
Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.
Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.
Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito e, para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Laura Mellado Luci, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o once de febreiro de dous mil dous.
O secretario
Rubricado
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA