Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.336

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTIÓN DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, S.A.

CONTRATACIÓN de persoal para a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago de Compostela, S.A. (TUSSA).

Praza que se convoca: axente de aparcadoiro.

Os interesados deberán presenta-las solicitudes xunto coa fotocopia do DNI, currículum vitae e demais documentación que acredite os méritos alegados nas oficinas de TUSSA (directamente ou por correo), situadas na praza de Camilo Díaz Valiño, s/n, 15704 Santiago de Compostela, en horario de mañá, dentro do prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, indicando en lugar visible a seguinte referencia: selección axente de aparcadoiro.

-Requisitos indispensables: estar en posesión do graduado escolar ou titulación equivalente, contar cunha experiencia mínima dun ano no sector de aparcadoiros e, ademais, estar en posesión do carné de conducir B1.

-Valorarase tamén o coñecemento da cidade, saber expresarse correctamente en castelán e en galego, e calquera outra achega que sexa de interese para o mellor desempeño do posto de traballo (cursos, idiomas...).

-Retribucións: as que se recollen no convenio colectivo do sector.

-Tipo de contrato: laboral indefinido.

-Procedemento de selección:

Fase de admisión:

Con carácter previo á realización das probas, o tribunal fará unha preselección tendo en conta a acreditación da posesión dos requisitos necesarios. As listas de admitidos estarán expostas nas oficinas de TUSSA. Ademais, notificaráselles persoalmente ós interesados.

Fase de selección:

1. Valoración do currículum vitae por parte da comisión de selección: ata 3 puntos.

2. Exercicio eliminatorio: consistirá nunha proba tipo test sobre aspectos técnicos de funcionamento dunha superficie de aparcadoiro e sobre aspectos xerais da cidade de Santiago de Compostela: ata 5 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 3 puntos.

3. Entrevista persoal: ata 2 puntos.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2002.

Carlos González Lozano

Director xerente de TUSSA