Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do P.P. Cambeses (expediente 4269/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 31 de xaneiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do ámbito do Plan parcial Cambeses, redactado polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil e visado polo COAG con datas do 17-12-2001, 26-6-2001, 4-5-2001 e 27-12-2000 (expediente 4269/401).

Segundo.-Desestima-las alegacións interpostas durante o trámite de información pública por Mª Ángeles Fernández García e Isabel Martínez Eiroa, polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo.

Tercero.-A eficación deste acordo queda condicionada suspensivamente á presentación nesta Administración municipal dunha fianza ou aval por importe de 815.473,83 euros (135.683.429 pesetas) equivalente ó 50% do orzamento da obra de urbanización, en garantía da súa correcta execución.

Cuarto.-No momento inmediatamente anterior ó do inicio das obras, efectuarase un replanteo delas en coordinación cos técnicos do departamento de Vías e Obras do concello. Tamén se lle debe comunica-lo inicio e finalización das obras ó departamento municipal de Servicios Electromecánicos, para a comprobación da rede de iluminación pública. Cando se solicite a recepción das obras, facilitarase o realmente executado en soporte informático.

Quinto.-Durante a execución das obras deberá dárselles cumprimento ás observacións formuladas polos enxeñeiros municipais dos departamentos de servicios electromecánicos e de parques-xardíns con datas respectivas do 31-1-2001 e 9-4-2001, citados na parte expositiva deste acordo.

Sexto.-Deberase constituír unha entidade urbanística de conservación, destinada ó mantemento dos novos espacios libres e verdes cedidos ó concello tal e como preceptúa o punto 3.2.3.5.b) in fine do vixente PXOU-93. Para tal fin, os predios resultantes do proxecto de compensación quedarán afectos na cota de participación correspondente, á carga real de conservación dos ditos especios libres e zonas verdes de nova creación.

Sétimo.-Publíquese este acordo no BOP e no DOG. Notifíqueselle-lo seu contido íntegro, individualizadamente, ós propietarios do ámbito na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXA-PAC).

Contra o devandito acordo, que pon fín á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anunio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXAP-PAC), por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 7 de febreiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTIÓN DO TRANSPORTE URBANO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA, S.A.