Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do polígono C-SU-UA4 Canteira (expediente 4282/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 24 de xaneiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono C-SU-UA4-Canteira (Matamá), promovido pola entidade mercantil Camiño da Balsa, S.A. e redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, nº 27-6-2001, 10-5-2001 e 15-3-2001 (expediente 4282/401).

Segundo.-A eficacia do presente acordo queda condicionada suspensivamente á presentación nesta Administración municipal dunha fianza ou aval por

importe de 21.148.616 (127.105,74 euros) equivalente ó 100% do orzamento da obra.

Terceiro.-No momento inmediatamente anterior ó do inicio das obras efectuarase un replanteo delas en coordinación cos técnicos do departamento de vías e obras do concello. Tamén debe comunicarse o inicio e finalización das obras ó departamento municipal de servicios electromecánicos, para comprobación da rede de iluminación pública.

Cuarto.-Durante a execución das obras deberá darse cumprimento ás observacións formuladas polos enxeñeiros municipais dos departamentos de servicios electromecánicos e de parques-xardíns de datas respectivas 8-7-2001 e 19-6-2001, citdos na parte expositiva deste acordo.

Quinto.-Publica-lo presente acordo no BOP e no DOG, con notificación individualizada ós interesados, na forma legalmente prevista.

Contra o devandito acordo que pon fín á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notíficase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 2 de febreiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo