Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso restrinxido e tramitación urxente para a contratación de servicios de desenvolvemento de aplicacions informáticas de xestión de procedementos para o Instituto Galego de Promoción Económica e servicio de mantemento. (C.R. 1/2002).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de desenvolvemento de aplicacións informáticas de xestión de procedementos para o Igape e servicio de mantemento.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 16 92, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.R. 1/2002.

2. Obxecto do contrato: desenvolvemento de aplicacións informáticas de xestión de procedementos para o Igape e servicio de mantemento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, restrinxido, concurso.

4. Orzamento máximo total de licitación: catrocentos setenta e cinco mil novecentos noventa e dous euros (475.992 A), IVE incluído, dos que trescentos setenta mil douscentos vintecatro euros (370.224 A), IVE incluído, corresponden ó servicio de desenvolvemento e cento cinco mil setecentos sesenta e oito euros (105.768 A), ó servicio de mantemento.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 92.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina web: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás 14 horas do día 25 de marzo de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da solicitude mediante télex ou telegrama, que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de solicitudes e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Criterios de selección de licitantes: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Apertura das solicitudes de participación: na sede do Igape, ás 11 horas do 2 de abril de 2001.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 10 días naturais desde a recepción da correspondente invitación.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e, dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

9. Clasificación: clasificación como empresa consultora ou de servicios no grupo III, subgrupo 3 e categoría B.

10. Variantes: non se admiten.

11. Vixencia e prazo de execución: a vixencia da contratación establécese en dous anos desde a sinatura do contrato, prorrogable por acordo expreso das partes, dentro dos límites legais.

12. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica