Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

PLAN especial de mellora do núcleo e do medio rural dos Muíños.

Esta Corporación Municipal, na sesión do 25 de febreiro de 2002, aprobou inicialmente o Plan especial de mellora do núcleo e do medio rural dos Muíños, redactado polo arquitecto Sr. Rodríguez da Rúa Román. De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de solo de Galicia, queda aberto o trámite de información pública do referido documento técnico e expediente, polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, para que poida ser examinado polos interesados na secretaría municipal e formulárense as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes.

Barbadás, 27 de febreiro de 2002.

O alcalde

Rubricado