Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de febreiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de adxudicación dunha vivenda de promoción pública en réxime de arrendamento a Maximino Seoane Gómez, expediente C2CD68 conta 1152.

De conformidade co disposto no Decreto 98/1992, do 26 de marzo, polo que se regula o financiamento e adxudicación de vivendas de promoción pública, a Comisión Provincial de Vivenda acorda adxudicarlle unha vivenda de promoción pública, en réxime de arrendamento, expediente C2CD68, conta nº 1152, de Ferrol, rúa Cádiz, bloque 16, portal 6, piso 6º D.

Para poder continua-la tramitación do seu expediente ata a sinatura do contrato de arrendamento da vivenda, deberá:

1. Na entidade bancaria e no nº de conta que se expón a seguir, efectuará o ingreso do importe correspondente ó concepto de fianza, dunha mensualidade de 7.900 pesetas, estipulada como prezo do contrato, que non será en ningún caso aplicable ó pagamento da renda. Caixa Galicia da Coruña nº conta: 2091-0068-34-3110000385.

2. Deberá acudir ó seu banco ou caixa, onde teña aberta unha conta, co impreso de autorización de domiciliación bancaria que se xunta, debidamente cuberto, asinado por ud. para que sexa selado pola entidade bancaria.

3. Xúntase o anexo do contrato, no que deberá relacionar nome, apelidos e DNI de tódolos familiares que conviven con ud. na vivenda.

4. Presenta-lo anexo do contrato, o xustificante do ingreso realizado, e o impreso de autorización de domiciliación bancaria nas dependencias do IGVS na Coruña, avda. Salvador de Madariaga, s/n, planta 9ª ala sur.

Reunidos tódolos requisitos anteriores, para os que ten un mes de prazo desde o recibo da presente notificación, comunicaráselle a data na que deberá pasar polas dependencias do IGVS, para asina-lo contrato de arrendamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2002.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña