Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de febreiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de denegación de regularización dunha vivenda de promoción pública a José Manuel Suárez Ramil, expediente C82010 conta 174.

O delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictou a seguinte resolución:

Á vista da solicitude de José Manuel Suárez Ramil para regulariza-la súa situación de ocupante dunha vivenda de promoción pública, sita en Ferrol, r/ Profesor López Dafonte, bloque 23, portal P, 1º dta., expediente C-82/010, conta nº 174, acolléndose ó Decreto 225/2000, do 13 de setembro.

Resultando que, examinada a solicitude e a documentación adxunta a ela, se require o solicitante en data 21 de marzo de 2001, para que complete a documentación, e así o fai presentando os documentos requiridos no Rexistro de Entrada desta Xefatura de Área o día 31 de maio de 2001.

Resultando que, na documentación adxunta ó seu expediente hai un escrito achegado pola comunidade de veciños, manifestando o incumprimento das normas de comunidade.

Considerando que, de acordo co establecido no artigo 5 do Decreto 225/2000, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro de 2000)... «será causa de denegación da regularización o incumprimento reiterado e acreditado das normas da comunidade, especialmente danosas para o predio ou que resulten molestas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas».

Resolvo denega-la regularización da vivenda sita en Ferrol r/ Profesor López Dafonte, portal P, nº 3, piso 1º dta., expediente C-82/010, conta nº 174, a José Manuel Suárez Ramil.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó recibo desta resolución de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de febreiro de 2002.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña