Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-P-2001/081 e tres máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2002.

José A. López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/081.

Denunciado: Carlos Castro López, Baro Entienza-Pedracarballa, 9, Salceda de Caselas.

DNI: 35565319.

Feitos denunciados: pescar sen licencia, ás 14.58 horas do día 1 de maio de 2001, nun regato afluente do río Miño, o seu paso pola Aldea, no concello de Tomiño.

Data do acordo da incoación: 28 de xuño de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 18 de outubro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 300,51 euros (50.001 pesetas).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período dun ano.

Expediente: P-P-2001/088.

Denunciado: Luciano Gómez Abal, Fornos 5, Caldas de Reis.

DNI: 35466626.

Feitos denunciados: pescar nun couto sen permiso e sen licencia de pesca coa cana na man e o cebo dentro da auga, ás 10.50 horas do día 12 de maio de 2001, no río Umia ó seu paso por Carballeira, do concello de Caldas de Reis.

Data do acordo da incoación: 21 de agosto de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 12 de decembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 300,61 euros (60.000 pesetas).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período dun ano.

Expediente: P-P-2001/095.

Denunciado: José María Ben Fernández, San Pedro de Ribeira, Touro (A Coruña).

DNI: 33201528.

Feitos denunciados: pescar nunha zona vedada de pesca. Négase a entrega-las artes de pesca. Atopábase coa cana na man e o cebo na auga (culleriña). Feitos acontecidos ás 17.30 horas do día 15 de maio de 2001, no río Deza, ó seu paso por Cirela, no concello de Vila de Cruces.

Data do acordo da incoación: 21 de agosto de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 4 de decembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia, en relación co anexo II da Orde do 15-2-2001 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2001.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 132,22 euros (22.000 ptas).

Expediente: P-P-2001/144.

Denunciado: Eduardo Lamas Patiño, Telleira, 31-2º, Vigo.

Feitos denunciados: abandoar un vehículo no leito do río Louro co conseguinte dano para a riqueza piscícola. Feitos denunciados o día 20 de xullo de 2001, no lugar de Bao en Areas-parroquia de Sanguiñeda-Mos.

Data do acordo da incoación: 7 de setembro de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 12 de decembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.24º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 601,01 euros (100.000 pesetas).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período dun ano.