Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-98/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo: a) As publicadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior. b) As publicacións entre os día 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior. As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos puntos anteriores esixiranse de cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo. Lugo.

Lugo, 29 de xaneiro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-98/2001.

Denunciado: José Manuel Salgado Lloves.

DNI: 34597360.

Enderezo: r/ Buenos Aires, nº 99-4º esquerda. Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 25-6-2001, ás 11 h no encoro de Belesar-río Miño. Santo Estevo de Ribas de Miño-O Saviñao, Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 60,10 euros.