Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.308

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncian os postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado pola Orde do 5 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de novembro).

De conformidade co establecido na base décimo segunda e trixésimo cuarta da Orde do 5 de novembro de 2001 (DOG do 20 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Anuncia-los postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados que se cita e que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal