Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.308

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xaneiro de 2002 pola que se modifican as ordes do 10 de decembro de 2001 e do 15 de xaneiro de 2002 polas que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos I, III, IV e V, e II, respectivamente, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 25 de decembro) e da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 15 de xaneiro de 2002 (DOG nº 17, do 23 de xaneiro) nomeáronse os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos II e IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na base III.3 das ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) polas que se convocaron os procesos selectivos para o acceso ás distintas categorías correspondentes ós grupos II e IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, María del Rosario García Villadangos e Andrés Castro Bande, presidenta e secretario, respectivamente, dos tribunais II-A e IV-A, renunciaron ós seus nomeamentos.

De acordo co anterior, e dando cumprimento á base III.4 das citadas ordes do 30 de xullo de 2001,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear presidenta titular dos tribunais II-A e IV-A a María José Pérez Dafonte en substitución de María del Rosario García Villadangos.

Segundo.-Nomear secretaria titular dos tribunais II-A e IV-A a Pilar Santamaría Ayaso en substitución de Andrés Castro Bande.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública