Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.306

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de decembro de 2001 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2002.

Advertidos erros na Orde do 28 de decembro de 2001, publicada no DOG nº 6, do 9 de xaneiro de 2002, pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

No artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.

-Na páxina 269:

* Asociación de Mariscadores Fonte de Sta. Helena de Baldaio.

Onde di:

«Épocas probables de extracción: xaneiro a xullo».

Debe dicir:

«Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro».

* Confraría de pescadores de Noia.

Onde di:

«Días máximos de extracción: 104; 36 para ostra; 61 para caramuxo».

Debe dicir:

«Días máximos de extracción: 143; 36 para ostra; 61 para caramuxo».

-Na páxina 270:

* Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.

Onde di: «desde embarcación: xaneiro, e de xuño a setembro».

Debe dicir: «xaneiro, de xuño a setembro; novembro e decembro».

* Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.

Onde di:

«Épocas probables de extracción: desde embarcación: xaneiro, marzo, do 1 ó 15 de abril, do 15 de maio ó 31 de decembro».

Debe dicir:

«Épocas probables de extracción: desde embarcación: xaneiro, marzo, do 1 ó 15 de abril, do 15 de maio a setembro, novembro e decembro».

No artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

-Na páxina 272:

* Plan de lapa e caramuxo da confraría de pescadores de Ribadeo.

Onde di:

«Épocas probables de extracción para caramuxo: marzo, abril, xullo, agosto a decembro».

Debe dicir:

«Épocas probables de extracción para caramuxo: marzo, abril, xullo, agosto e decembro».

* Plan de ameixa fina, babosa e ostra da confraría de pescadores de Celeiro.

Onde di:

«Días máximos de extracción: 120 para ameixa babosa; 160 para ameixa fina e 160 para ostra».

Debe dicir: «100 días para as tres especies».

* Plan de coquina das confrarías de Celeiro e O Vicedo.

Onde di:

«Épocas probables de extracción: marzo e xuño».

Debe dicir:

«Épocas probables de extracción: marzo e xullo».

-Na páxina 275:

* Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lourizán, Pontevedra e Raxó.

Onde di:

«Zona de traballo: desde embarcación: de punta Faxilda a punta Santa Mariña na banda norte da ría de Pontevedra e Punta Placeres na banda sur da ría».

Debe dicir:

«De punta Santa Mariña na banda norte da ría de Pontevedra a Punta Placeres na banda sur da ría».

* Plan conxunto das confrarías de Bueu, Marín, Portonovo e Sanxenxo.

Onde di: «Zona de traballo.-de punta Faxilda a punta Mariña e de Punta Placeres a Punta Morcegos».

Debe dicir:

«Zona de traballo: zona comprendida entre Punta Faxilda e Punta Santa Mariña na banda Norte da ría de Pontevedra e entre Punta Placeres e Punta Testada na banda sur».

* Asociación de confrarías da ría de Vigo.

Onde di: «Punto de venda: lonxas de Arcade, Baiona, Cangas, Moaña, Redondela, Vigo e Vilaboa».

Debe dicir: «Punto de venda: lonxas de Arcade, Baiona, Cangas, Moaña, Redondela, Canido e Vilaboa».

Onde di: «Puntos de Control.-Desde embarcación: na zona de traballo e lonxas de Arcade, Baiona, Cangas, Moaña, Redondela, Vigo e Vilaboa».

Debe dicir: «Puntos de Control.-Desde embarcación: na zona de traballo e lonxas de Arcade, Baiona, Cangas, Moaña, Redondela, Canido e Vilaboa».

No artigo 5º.-Percebe.

-Na páxina 276:

* Confraría de pescadores de Ribadeo.

Onde di: «Días máximos de extracción: 48».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 58».

* Confraría de pescadores de Rinlo.

Onde di: «Días máximos de extracción: 48».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 50».

* Confraría de pescadores de Burela.

Onde di: «Días máximos de extracción: 85».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 70».

Débese engadir: «Zona de traballo: de Punta Rueta a Punta Nois».

-Na páxina 277:

* Confraría de pescadores de Corme.

Onde di: «Días máximos de extracción: 144.

Zona de traballo: de Punta Queimada a desembocadura do río Anllóns e desde o río Anllóns ata Punta Nariga».

Debe dicir:

«Días máximos de extracción: 100.

Zona de traballo: de Punta Nariga á desembocadura do río Anllóns».

Artigo 7º.-Equinodermos.

-Na páxina 278:

* Confraría de pescadores de Ribadeo.

Onde di:

«Días máximos de extracción: 20.

Zona de traballo: de Punta Promontorio ás Carrallas».

Debe dicir:

«Días máximos de extracción: 26.

Zona de traballo: de Punta Placeos ás Carrallas».

-Na páxina 279:

* Confraría de pescadores de Rinlo.

Onde di: «Zona de traballo: de Penas Longas de Piñeira a Punta Promontorio».

Debe dicir: «Zona de traballo: de Punta Placeos a Punta Promontorio».

* Confraría de pescadores de Burela.

Onde di: «Días máximos de extracción: 110».

Debe dicir:

«Días máximos de extracción: 70».

Débese engadir: «Zona de traballo: de Punta Rueta a Punta Nois».

* Confraría de pescadores de Celeiro.

Onde di: «Días máximos de extracción: 40».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 30».

-Na páxina 280:

* Confraría de pescadores de Cangas.

Onde di: «Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea».

Debe dicir: «Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo».

Artigo 8º.-Navalla e longueirón.

-Na páxina 281:

* Plan de longueirón vello da confraría de pescadores de Miño.

Onde di:

«Punto de control: O Pedrido.

Punto de venda: O Pedrido e peirao de Miño».

Debe dicir:

«Punto de control: O Pedrido e peirao de Miño.

Punto de venda: O Pedrido».

-Na páxina 282:

* Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Ribeira.

Onde di: «Días máximos de extracción: 86».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 66».

-Na páxina 283:

* Algamar, C.B.

Onde di: «Arte ou técnica de extracción: a pé».

Debe dicir: «Arte ou técnica de extracción: a pé e con mergullo en apnea».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA