Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.313

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 01/034 de catedrático de universidade convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 01/034, convocada por Resolución do 19 de xullo de 2001 (BOE do 17 de agosto), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 14 de febreiro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: socioloxía.

Praza nº: 01/034.

Comisión titular:

Presidente: Veira Veira, José Luis, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Latiesa Rodríguez, Bienvenida, catedrática de universidade. Universidade de Granada.

Vocais:

Bouza Álvarez, Fermín, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Garrido Medina, Luis Joaquín, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-.

Navarro Alcalá-Zamora, Pío José, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-.

Comisión suplente:

Presidente: Gutiérrez Palacios, Rodolfo, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Secretario: Uña Juárez, Octavio, catedrático de universidade. Universidade Rey Juan Carlos.

Vocais:

López-Aranguren Quiñones, Eduardo María, catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Pérez-Agote Poveda, Alfonso, catedrático de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

García Ferrando, Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).