Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico do Vilán. (Expediente IN661A 99/8).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Betanzos, 1, 1º esq. 15004 A Coruña, sobre autorización de instalacións do parque eólico do Vilán; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 5 de abril de 1999, Rosario Arroyo Brotóns, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., solicitou a autorización

administrativa para a instalación do parque eólico de Vilán, para unha potencia de 15,18 MW, someténdose a dita solicitude información pública mediante Resolución do 7 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Industria da Coruña, publicándose no BOE do 8 de xullo e no DOG do 12 de xullo.

Segundo.-O 12 de setembro de 2000, o promotor, debido á modificación do Plan Eólico Estratéxico de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., presenta escrito no que solicita o peche do expediente e apertura doutro novo expediente coas novas coordenadas aprobadas nel.

Terceiro.-O 29 de decembro de 2000, o promotor presenta solicitude de autorización administrativa para a instalación do parque eólico de Vilán, para unha potencia de 20,8 MW. Tralo informe favorable desta Dirección Xeral de Industria, do 19 de xaneiro de 2001, someteuse a dita solicitude a información pública, mediante resolución da Delegación de Industria da Coruña, do 25 de xaneiro de 2001, publicándose no DOG do 5 de febreiro e BOE do 6 de febrero, non presentándose ningún proxecto durante o trámite de competencia.

Cuarto.-O 3 de abril de 2001, Luis María Añíbarro Iglesias, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución do parque eólico do Vilán, de 20,8 MW, e posteriormente, con data 4 de abril do mesmo ano, o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica del, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6

de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Quinto.-O proxecto do parque eólico do Vilán someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54

da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; decretos 2169/1966 e 2617/1966, xa mencionados, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria da Coruña, do 16 de abril de 2001, publicada o diario La Voz de Galicia do 24 de abril, no DOG do 25 de abril, no BOP da Coruña do 26 de abril e no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Miguel Queiro Pérez, en representación da Asociación Axvalso, Rupert Kolb, en representación de Adiante Soneira e Xoán Carlos Pérez Gestido, solicitan que se refaga o estudio de impacto ambiental, someténdose de novo a información pública, con base nas seguintes consideracións: que o parque eólico afecta a unha das praias máis emblemáticas de Camariñas e comarca: a praia de Reira; o impacto visual e sonoro na zona, por estar a menos de 800 m da praia; impacto sobre a fauna e flora da zona; a proximidade a zonas incluídas na Rede Natura e que os aeroxeradores 9 a 13 se instalarán nun sitio denominado Foxo dos Lobos, elemento etnográfico, restaurado no ano 2000 pola deputación provincial. Xoán Carlos Pérez Gestido, engade que o informe carece de estudio de impacto arqueolóxico.

2. Jorge Juan Espadasín Martínez, como dono dun terreo no lugar denominado Fonte Tamboa, no que proxecta construír un cámping, oponse á instalación da parte occidental do parque eólico, xa que o futuro cámping quedaría encaixonado entre os dous aliñamentos máis occidentais de 3 e 5 aeroxeradores e a escasa distancia deles, co grave prexuízo que isto significaría para a viabilidade do establecemento, debido ó impacto sonoro e visual negativo, considerando que o seu proxecto é preferente porque é anterior no tempo e máis respectuoso co medio ambiente.

Sexto.-O 20 de setembro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

XY

VilánCamariñas482.5004.779.000
486.0004.779.000
486.0004.777.000
485.0004.777.000
483.0004.776.500

Nº de aeroxeradores: 16.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW

Xeradores: Bazán Bonus-1.300.

Potencia total instalada: 20,8 MW.

Producción anual estimada: 31.733 MWh.

Investimento previsto: 7.571.456,81 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-16 aeroxeradores Bazán Bonus de 1.300 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 68 m de altura e rotores de 3 pas de 62 m de diámetro.

-16 transformadores, situados no interior dos fustes de 1.600 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV 3X1X (1x240) mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora 20/66 kV equipada con transformador de potencia de 30 MVA e relación de transformación 20/66 kV, transformador de servicios auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,420 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

Sétimo.-O 14 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu formula-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, considerando inviable a instalación dos aeroxeradores 6, 7 e 8, polo que o parque eólico quedará constituído por 13 dos 16 aeroxeradores proxectados, cunha potencia total instalada, de 16,9 MW e quedando pendente de recolocación e posterior informe o aeroxerador 9 e presentación de accesos alternativos dos aeroxeradores 1 ó 5.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citado.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación obrante no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ás alegacións presentadas por Miguel Queiro Pérez, en representación da Asociación Axvalso, Rupert Kolb, en representación de Adiante Soneira e Xoán Carlos Pérez Gestido cabe dicir que as alegacións ambientais foron remitidas ó organo ambiental e tidas en conta na declaración de impacto ambiental de data 14 de xaneiro de 2002.

2. Con respecto ás alegacións presentadas por Jorge Juan Espadasín Martínez, cabe dici-lo seguinte: a valoración da afección das parcelas non é obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valo

ración á fase de prezo xusto; o artigo 52 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, distribución e transporte de enerxía; por último as alegacións ambientais foron tidas en conta na antes mencionada declaración de impacto ambiental.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizar a Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico do Vilán, para unha potencia de 16,9 MW, agás os aeroxeradores 6, 7 e 8, que se situarán no concello de Camariñas, provincia da Coruña.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluila no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 151.429,13 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A citada fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 7.571.456,81 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade. Queda condicionado o inicio de obra á presentación dun estudio de accesos alternativos para os aeroxeradores

do 1 ó 5 utilizando o vial existente e posterior informe favorable.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 14 de xaneiro de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas