Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as incoacións do expediente sancionador P-EN-2001/38 e outro máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan as incoacións dos expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 8 de febreiro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-EN-2001/38.

Denunciado: Diego Montoro Lirio, enderezo: r/ Doctor Vallerbera, nº 11, Lérida.

DNI: 40840324.

Feitos denunciados: estacionar un vehículo turismo, marca Mitsubishi Montero DI.D, de cor verde, con placas de matrícula 8203-BS, do que é titular Lleidatana de Construccións, S.A., en zona protexida, nas dunas que dan acceso á praia, sitio protexido e en proceso de rexeneración, e a escasos tres metros dos usuarios que estaban tomando o sol na area da praia. Identificado o conductor do vehículo fáiselle saber pola forza actuante que vai ser denunciado por estacionar nun lugar prohibido, alterando as condicións dun espacio natural porotexido. Feitos denunciados ás 19 horas do día 12 de agosto de 2001 na praia de Area Grande, no municipio do Grove.

Data do acordo da incoación: 18-9-2001.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co Decreto 82/1989, polo que se regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral e co Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se inclúen as zonas denominadas praia de Area Grande no rexistro xeral de Espacios Naturais de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 120,20 euros (20.000 pesetas).

Expediente: P-EN-2001/43.

Denunciado: Lucio Tranzo Díaz, enderezo: Tineo, Puente Tuña, Asturias.

DNI: 52620078.

Feitos denunciados: circular cun vehículo pola zona dunar dun espacio natural protexido. O vehículo-turismo, marca Citroën, modelo Xantia, con matrícula O-0332-CH, encontrábase estacionado sobre a area a uns 200 metros da praia de Barra. Faise constar que a uns 20 metros de distancia do vehículo estacionado, existe un sinal que indica a prohibición de circulación de vehículos, indicando ademais textualmente: «Espacio Natural Protexido, dunas de Nerga, Viño e Barra». Por todo o exposto infórmaselle ó denunciado que tales circunstancias serían postas en coñecemento da autoridade administrativa correspondente ante unha suposta infracción ós textos legais anteriormente indicados. Feitos denunciados o 26 de agosto do 2001 ás 10.30 na zona dunar de Barra en Barra-Hío no termo municipal de Cangas do Morrazo.

Data do acordo da incoación: 18-9-2001.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral e coa Orde do 7 de novembro de 2000, pola que se prorroga a declaración provisional.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 60,12 euros (10.000 pesetas).