Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.241

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Moyresa Molturación y Refino, S.A. para o ano 2001.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Moyresa Molturación y Refino, S.A. para o ano 2001 (código convenio 1502912), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-12-2001 (e que foi complementado en data 14-1-2002), subscrito en representación da parte económica pola empresa Moyresa Molturación y Refino, S.A., e da parte social polo comite de empresa o día 14-12-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2002.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana Lado Eiríz

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo de Moyresa Molturación

y Refino, S.A. (Centros de traballo do Burgo-Culleredo

e Estación Marítima do Porto da Coruña)

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Territorial.

As disposicións deste convenio colectivo serán de aplicación nos centros de traballo que Moyresa Molturación y Refino S.A. ten no Burgo-Culleredo (A Coruña) e na Estación Marítima do Porto da Coruña.

Persoal.

As normas deste convenio serán de aplicación a todo o persoal de Moyresa Molturación y Refino, S.A., fixos e eventuais, calquera que sexa a súa modalidade de contratación, que preste os seus servicios nos centros de traballo determinados anteriormente e coas categorías que se relacionan no anexo 1.

Ós traballadores que, ben no momento do seu ingreso ou ben posteriormente, teñan establecidas mediante pacto condicións especiais, aínda que lles sexan de aplicación as normas deste convenio, non llelo serán as condicións retributivas previstas nel.

Temporal.

Este convenio terá unha duración de 2 anos, é dicir, desde o día 1 de xaneiro de 2001 ata o día 31 de decembro de 2002.

Entenderase prorrogado por anos sucesivos, salvo que algunha das partes o denunciase cun aviso previo de dous meses, como mínimo, anteriores á terminación do prazo de vixencia inicial, é dicir, 31 de decembro de 2002 ou o da prórroga, se a houbese.

Artigo 2º.-Garantías persoais.

Respectaranse as situacións persoais que, en concepto de percepcións de calquera clase, sexan no seu conxunto máis beneficiosas que as fixadas neste convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras establecidas neste convenio, sexan económicas ou doutra índole, serán absorbibles ou compensables coas melloras económicas ou doutra índole que se establezan por disposición legal, xurisprudencia, convenio de calquera ámbito, resolución de calquera clase, contrato persoal ou calquera outra causa, ben entendido que se pode realiza-la dita compensación e absorción entre conceptos de distintas naturezas, operando estas cando o convenio colectivo, aplicado no seu conxunto e cómputo anual, sexa máis favorable para os traballadores que o fixado na orde normativa ou convencional de referencia.

Artigo 4º.-Vinculación e lexislación supletoria.

As normas deste convenio considéranse no seu conxunto máis beneficiosas que as contidas nas disposicións legais vixentes.

Este convenio e os anexos que nel se indican forman un todo orgánico e indivisible, que, en canto se achar vixente, será aplicable e aplicado na súa totalidade, con exclusión doutros, calquera que fose o seu ámbito de aplicación.

No non previsto neste convenio aplicarase o disposto polas disposicións legais na materia.

Artigo 5º.-Comisión paritaria de control e interpretación.

Para a interpretación e aplicación do convenio constituirase unha comisión paritaria.

A dita comisión paritaria estará formada por tres representantes dos traballadores que formasen parte da comisión deliberadora e tres representantes da empresa. Así mesmo, nomearanse por cada parte tres suplentes.

En cumprimento da función de interpretación e aplicación do convenio, a comisión utilizará o teor literal do convenio e, se del no se obtivese unha solución satisfactoria para ámbalas partes, utilizaranse os criterios legais e convencionais que, de carácter xeral, poidan resultar aplicables.

A competencia desta comisión esténdese a tódalas cuestións que, en relación coa aplicación deste convenio e durante a súa vixencia, se poidan suscitar e, singularmente, respecto daquelas nas que o articulado fai unha remisión expresa.

En particular, será da súa competencia analizar aqueles casos concretos sobre os que se presente reclamación de traballos de distinta categoría que realice o persoal, accedendo para isto ó coñecemento dos partes de control do persoal nas plantas.

A comisión reunirase con carácter ordinario como máximo unha vez ó mes, por convocatoria de calquera das partes, cunha anticipación mínima de 72 horas.

Con carácter extraordinario reuniranse as veces que sexan necesarias para os temas que, pola súa urxencia, non poidan esperar á reunión ordinaria, mediante convocatoria de calquera das dúas partes, cunha anticipación mínima de 48 horas, na que se fará consta-la proposta de orde do día.

Se nas reunións da comisión paritaria non se obtivese un acordo sobre a cuestión suscitada, cada unha das partes poderá exerce-las accións que considere máis convenientes ó seu dereito.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Organización do traballo.

De acordo coas disposicións en vigor, a organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, a cal pode adopta-los sistemas de racionalización, mecanización, organización e división daquel que mellor se acomoden ó seu desenvolvemento industrial e comercial.

A mobilidade do persoal nos distintos postos de traballo na empresa terá como límite o disposto na lexislación vixente.

En todo caso, sen prexuízo do cumprimento da decisión empresarial de mobilidade, informarase a comisión prevista no artigo 5, para o seu coñecemento e solución das posibles diverxencias que en tal caso se poidan presentar.

Os cambios de sistemas en ningún caso terán carácter vexatorio para os seus productores.

Artigo 7º.-Asignación de tarefas.

É facultade da dirección da empresa, de acordo coa lexislación vixente e as condicións acordadas neste convenio, a distribución do persoal nos distintos postos de traballo e a asignación das tarefas correspondentes a eles, sen discriminación nin menoscabo da dignidade humana e profesional, debendo os traballadores cumpri-las obrigas concretas do seu posto, así como as ordes e instruccións dos seus superiores no exercicio regular das súas facultades directivas.

Artigo 8º.-Limpeza.

Con independencia da categoría profesional, o persoal responsabilizarase da limpeza e a boa orde do posto de traballo e das máquinas, ferramentas, vehículos, mobiliario e toda clase de elementos de traballo de que a empresa o provexa para a súa execución.

Artigo 9º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior á que teña asignada, terá dereito ó salario real da dita categoría superior, mentres ocupe o dito posto.

Se ocupase un posto de categoría superior durante 6 meses nun ano ou 8 meses en dous anos, consolidará esta categoría superior.

Para os efectos deste artigo, a fracción de día considerarase como día completo de traballo en superior categoría, cando a dita fracción sexa igual ou superior á metade da xornada laboral.

Artigo 10º.-Traballos de categoría inferior.

A dirección da empresa, por perentoria necesidade e facendo uso das facultades de organización práctica do traballo, poderá destina-lo persoal, comunicándollo ó comité de empresa, a realizar traballos de categoría inferior, sen mingua da súa retribución.

O dito destino será, en todo caso, de carácter temporal, mentres dure a situación de perentoria necesidade.

Capítulo III

Réxime do persoal

Artigo 11º.-Contratación de traballadores.

1. Ingresos.

En materia de contratación aplicarase o disposto na lexislación vixente en cada momento.

2. Recoñecemento médico.

Previamente ó ingreso definitivo na empresa todo traballador deberase someter a un recoñecemento médico coas probas pertinentes; a súa superación será condición indispensable para o ingreso.

3. Período de proba.

En todo caso, os ingresos considéranse feitos a título de proba e a súa duración será a seguinte:

-Persoal titulado: 6 meses.

-Persoal técnico non titulado: 3 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Operarios cualificados e persoal subalterno: 1 mes.

-Operarios non cualficados: 14 días.

O período de proba concertarase por escrito.

Artigo 12º.-Clasificación do persoal.

a) Pola súa permanencia.

1. Fixos: son aqueles traballadores que realizan actividades que, pola súa natureza, teñen carácter normal e permanente na empresa.

2. De campaña: son os traballadores contratados para actividades de carácter esporádico e non regularmente fixo.

3. Interinos: son os que ingresan na empresa expresamente para cubri-la ausencia dun traballador fixo en situación de excedencia, servicio militar, enfermidade ou situación análoga, que cesarán o se reincorpora-lo titular, sen dereito a ningunha indemnización.

4. De duración determinada: son aqueles traballadores contratados en atención ás circunstancias previstas polo Goberno para fomenta-lo emprego de certos grupos de traballadores.

Os contratos de campaña, interinos e de duración determinada, serán sempre por escrito.

b) Funcional.

O persoal de Moyresa Molturación y Refino, S.A. clasificarase por razón das súas funcións, nos seguintes grupos:

1. Técnicos.

2. Persoal administrativo: oficial 1ª, oficial 2ª e auxiliar.

3. Persoal de laboratorio: axudante e auxiliar.

4. Persoal operario: oficial 1ª, oficial 2ª, oficial 3ª e axudante de fabricación.

5. Persoal subalterno: basculeiro, garda e limpadora.

Artigo 13º.-Funcións do persoal operario.

As funcións do persoal operario clasifícanse en:

a) Traballos de oficial: son aqueles, tanto de mantemento como de producción, que requiren para a súa execución coñecementos básicos e profesionais que garantan a súa correcta realización.

Substancialmente, enuméranse os seguintes: operación de extracción, preparación, caldeiras, refinería, secadoiros, operador de pa, carga de aceites, estación marítima, capataz de almacén de fariñas, conductores e traballos de mantemento que requiran coñecemento dun oficio, sen prexuízo daqueles outros que, pola súa analoxía, se poidan considerar de igual clasificación.

Estas funcións serán realizadas por traballadores coa categoría de oficial 1ª, oficial 2ª e oficial 3ª.

b) Traballos de axudante: son traballos de axudante aqueles que non precisan que o persoal operario que os realice teña coñecementos específicos ou que se realizan baixo a supervisión directa de persoal cualificado de superior categoría.

Os traballos de axudante serán realizados por operarios coa categoría de axudante de fabricación.

Todo isto sen prexuízo do establecido nos artigos que regulan traballos de superior e inferior categoría.

Artigo 14º.-Ascensos.

Sen menoscabo do establecido no artigo anterior, os ascensos do persoal axustaranse ás normas seguintes:

Grupo de técnicos: os ascensos faranse por libre designación da empresa.

Grupo de administrativos, operarios e subalternos: os ascensos serán por valoración de méritos e probas de aptitude, que estudiará unha comisión integrada por técnicos da empresa, do cal se informará o comité.

O comité de empresa poderá designar tres dos seus membros para comprobaren a correcta cualificación das ditas probas de aptitude e respecto ás normas xerais recollidas neste convenio.

En todo caso, os ascensos considéranse feitos a título de proba. A duración do período de proba será:

-Persoal titulado: 3 meses.

-Persoal técnico, non titulado: 45 días.

-Administrativos: 1 mes.

-Operarios cualificados e persoal subalterno: 1 mes.

-Operarios non cualificados: 15 días.

Non superado o período de proba, o traballador pasará a ocupa-lo seu anterior posto de traballo.

Artigo 15º.-Cesamento voluntario.

O traballador poderá cesar voluntariamente na empresa, comunicando a súa baixa por escrito á súa oficina de persoal. A baixa deberá ser comunicada cun mes de anticipación polo persoal titulado e técnico e con quince días o resto do persoal.

A falta de aviso daralle dereito á empresa a descontar da liquidación o importe do salario de medio día por cada un de atraso.

O cesamento voluntario non dará dereito a ningunha indemnización.

Artigo 16º.-Excedencia.

Sen prexuízo do establecido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores, estipúlase o seguinte:

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

A forzosa dará dereito á conservación do posto e concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

A excedencia voluntaria: o traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarase en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco.

Este dereito só poderá ser exercido polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

Son causas para solicita-la excedencia voluntaria as seguintes:

-Asuntos familiares no estranxeiro.

-Ampliación de estudios.

-Matrimonio.

-Nacemento de fillos.

-Traslado do cónxuxe por razóns de traballo a máis de 100 km de distancia.

-Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais ó seu cargo.

Excepcionalmente, só neste último caso, o reingreso será automático.

As excedencias, calquera que sexa a súa modalidade, enténdense concedidas sempre sen dereito a retribución e non se poderán utilizar para prestar servicios noutra empresa.

A solicitude deberase efectuar cun mes de anticipación á data en que se vaia inicia-lo seu desfrute, ante a dirección da empresa.

Así mesmo, o tempo de duración da excedencia non será computable para ningún efecto, salvo a forzosa.

Non se poderá exerce-lo dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria cando o número de persoas en situación de excedencia voluntaria alcanzase o cinco por cento do cadro de persoal.

Servicio militar: nos supostos de suspensión do contrato por prestación do servicio militar ou substitutivo, o traballador deberase reincorporar no prazo máximo de 30 días naturais a partir do cesamento no servicio.

Durante o tempo de permanencia no servicio militar, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de verán e Nadal, na proporción que corresponda.

Capítulo IV

Xornada, vacacións, permisos e licencias non retribuídas

Artigo 17º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo que rexerá para os anos 2001 e 2002 establécese do xeito seguinte:

Unicamente para o persoal de correquendas, queda establecida a xornada laboral en 1.776 horas de traballo efectivo en cómputo anual.

Para o resto do persoal queda establecida a xornada laboral en 1.786 horas de traballo efectivo e en cómputo anual.

Para os que traballan en réxime de quendas ininterrompidas, os descansos computaranse basicamente en períodos de catro semanas.

Artigo 18º.-Horario.

Anualmente, o horario será establecido pola dirección, logo de coñecemento do comité de empresa, seguindo as canles legais previstas na lexislación vixente, para cada réxime de traballo existente na empresa.

Por razóns de perentoria necesidade ou de organización do traballo, a dirección da empresa poderá modificar temporalmente o sistema de horario para calquera posto de traballo, mentres existan tales razóns. Se por requirimento da empresa se producise un traslado de quenda por tempo superior a vinteún días naturais, compensarase esta circunstancia coa cantidade de 20.116 pesetas, equivalentes a 120,90 euros, nun único pagamento. O regreso á súa quenda orixinal non será considerado como traslado de quenda.

Para o persoal administrativo establécese, durante o período abranguido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro e durante 13 semanas, a xornada intensiva, sempre e cando se respecte o cómputo anual de 1.786 horas de traballo efectivo. En todo caso, será imprescindible a existencia dunha quenda rotativa de gardas, dunha persoa, co fin de garanti-los servicios mínimos.

O persoal deberá encontrarse no seu posto de traballo á hora sinalada. En caso de traballo por quendas, o traballador da quenda saínte non poderá abandona-lo seu posto de traballo ata que sexa substituído pola quenda seguinte, absténdose de cambiar de roupa ou efectuar outros preparativos para a saída antes da dita substitución.

O atraso, con independencia das sancións a que poida dar lugar se non é xustificado, implicará a perda da remuneración correspondente ó tempo non traballado, completando fraccións de quince minutos.

Así mesmo, ó traballador que cubra o tempo de atraso da substitución aboaráselle o dito tempo en fraccións de quince minutos.

Avisarase a empresa da falta de asistencia ó traballo coa máxima urxencia posible e sempre dentro da primeira xornada laboral en que se falte, salvo en casos debidamente xustificados.

Entre xornada e xornada deberán transcorrer, como mínimo, doce horas de descanso.

Artigo 19º.-Festas laborables.

Respectaranse as festas nacionais e locais establecidas no calendario oficial.

O desfrute das ditas festas realizarase do seguinte xeito:

a) Persoal en réxime de traballo de xornada partida ou continuada, excepto o correquendas, no propio festivo.

b) Persoal en réxime de traballo de correquendas, segundo establecen os cadros de correquendas.

En todo caso, e coas excepcións que máis adiante se expoñen, respectaranse para todo o persoal os seguintes festivos: Nadal e Aninovo.

Os días 24 e 31 de decembro, o descanso comezará ás 6 horas e terminará, respectivamente, ás 6 horas dos días 26 de decembro e 2 de xaneiro, ben entendido que os postos de carga e báscula deberán quedar cubertos no caso de existir tal necesidade de carga e desenvolvéndose este traballo como máximo ata as 14 horas.

Así mesmo, deberá estar cuberto o posto de caldeiras por un oficial de quenda polo tempo necesario que garanta o mantemento da presión nelas.

Ó persoal que atenda os ditos servicios compensaránselle as horas realizadas por descansos ou horas extras, á escolla do interesado, sendo o aboamento mínimo para o posto de caldeiras de catro horas, con independencia do tempo que invista no dito servicio.

En ámbolos casos, a empresa arbitrará ou aboará o medio de transporte.

Así mesmo, a empresa arbitrará un sistema que cubra a vixilancia da fábrica nestas datas.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de desemprego existente e con obxecto de favorece-la creación de emprego, ámbalas partes acordan a conveniencia de non realizar máis horas extraordinarias que aquelas de carácter estructural ou as que veñan esixidas pola necesidade de previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes.

Considéranse horas extraordinarias estructurais as realizadas polas seguintes causas:

a) Previr ou reparar sinistros.

b) Previr ou reparar danos extraordinarios e urxentes.

c) Risco de perda ou deterioración de materias primas ou productos.

d) Períodos punta de actividade.

e) Ausencias imprevistas.

f) Substitución de membros do comité.

g) Cambio de quendas.

h) Mantemento do proceso productivo.

En todo caso e sen prexuízo do establecemento dun sistema específico para cada sección da empresa, toda realización de horas extraordinarias deberá estar autorizada polo xefe competente, o cal fará consta-la súa autorización expresa na tarxeta de control de horario do traballador.

O valor bruto efectivo de cada hora extraordinaria reflíctese na táboa de valores extraordinarios prevista no anexo 3.

Artigo 21º.-Substitucións e días «h».

Todo o persoal da empresa ó que, por calquera motivo, o seu cómputo de xornada anula o obrigue a lle devolver horas de traballo á empresa, o fará nos chamados días «h». Estes días sinalaranse no calendario de traballo, empezando desde os últimos días de decembro ata o mes de outubro. Estes días sinalaranse en días laborables non festivos, de luns a venres.

As substitucións de traballadores realizaranse conforme o seguinte:

-Obriga de realizar tódalas substitucións necesarias para cubrir calquera tipo de ausencia que se produza, sexa polo motivo que for (baixas de enfermidade, accidentes, permisos legais, permisos sindicais, etc.).

-A estas substitucións estará obrigado todo o persoal da fábrica, tanto persoal de correquendas, como o de calquera outro sistema de traballo, xa sexa prolongado ou anticipando a xornada, ou ben mesmo o persoal que nese memento estea en descanso.

-As horas producidas por tales substitucións irán á conta das xornadas denominadas como días «h», e deduciranse destas ata o seu esgotamento nos sistemas de traballo en que existan, e aboamento de horas extras no seu exceso. No caso de que as substitucións coincidan en festivos ou fins de semana, será decisión do traballador cambialas por días «h» ou percibilas como horas extras, o que lle comunicará ó seu superior inmediato.

Artigo 22º.-Vacacións.

1. Duración.

Sen distinción de categoría, todo o persoal terá dereito a desfrutar anualmente dun período de trinta días naturais de vacacións pagadas pola empresa.

O persoal fixo que leve menos dun ano de servicio desfrutará da parte proporcional ó tempo transcorrido entre o seu ingreso e o 31 de decembro.

Ós traballadores que cesen no transcurso do ano sen teren desfrutado das vacacións, corresponderalles por este concepto, a parte proporcional ó tempo transcorrido desde o 1 de xaneiro ata a data do seu cesamento.

2. Distribución.

As vacacións deberán ser tomadas sempre por días completos.

O cadro de vacacións exporase dentro do último mes do ano anterior e poderá ser modificado por razóns técnicas, comerciais ou de calquera outra índole, logo de consulta ó comité de empresa.

Arbitrarase un sistema de rotación do persoal na preferencia do desfrute das vacacións no período estival.

3. Interrupción do período de vacacións por incapacidade temporal.

Considerarase interrupción de vacacións en situación de incapacidade temporal o período de tempo igual ó transcorrido entre a baixa e a alta de hospitalización, debendo o traballador presenta-los oportunos xustificantes de baixa, e sempre que se poida produci-la compensación do desfrute no mesmo ano natural en que se produza a baixa; para isto será avaliada a hospitalización polo servicio médico da empresa.

Artigo 23º.-Permisos.

O traballador, avisando coa posible anticipación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, unicamente por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) Por matrimonio, vinte días naturais.

b) Durante dous días, que poderá amplia-la dirección en casos de enfermidade grave ou falecemento de cónxuxe, fillos, pais dun e/ou outro cónxuxe, irmáns, netos, avós, tíos e ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Durante tres días en caso de parto da esposa.

d) Durante dous días en caso de traslado do domicilio habitual.

e) En caso de bautizo, primeira comuñón e matrimonio de fillos do traballador, matrimonio de irmáns ou netos, un día natural que coincidirá co da cerimonia, polo que non procederá se esta ten lugar en festivo ou xornada de descanso.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

A comunicación para o desfrute destes permisos realizarase por escrito, coa maior anticipación posible, ós superiores xerárquicos, os cales a remitirán ó departamento de persoal.

Artigo 24º.-Licencias non retribuídas.

Logo de solicitude ó xefe inmediato, o persoal poderá desfrutar de licencias non retribuídas para asuntos propios e sempre que as necesidades do servicio o permitan; para este efecto, terase en conta o seguinte:

1. Deberá ser solicitado por escrito, no posible, con cinco días de anticipación.

2. Concederase ou denegarase a licencia dentro dos dous días seguintes á presentación da solicitude.

3. A licencia poderá ser anulada, en calquera momento, por causas de forza maior ou circunstancias extraordinarias que fixesen necesaria a asistencia do peticionario ó traballo.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 25º.-Mellora económica.

Ano 2001:

Establécese como mellora económica acordada para o ano 2001 (primeiro de vixencia do convenio) un incremento salarial consistente no IPC real resultante o 31 de decembro do ano 2001 máis medio punto (0,50), aplicable de forma porcentual sobre tódolos conceptos salariais en vigor o 31 de decembro de 2000, salvo aqueles que, na súa propia definición, posúan valores específicos.

Inicialmente e mentres non se coñeza a cifra do IPC real resultante o 31 de decembro de 2001, aplicarase un incremento do 2,5%, aplicable de forma porcentual sobre tódolos conceptos salariais en vigor o 31 de decembro de 2000.

No mes de xaneiro de 2002, unha vez coñecido o dato do IPC real resultante o 31 de decembro do ano 2001, confeccionaranse as táboas salariais de aplicación definitiva para o ano 2001, e a base salarial resultante delas servirá para o cálculo de incrementos para o segundo ano de vixencia do convenio. A regularización das diferencias, en sentido positivo ou negativo, realizarase durante o primeiro trimestre do ano 2002.

Ano 2002.

Establécese como mellora económica acordada para o ano 2002 (segundo de vixencia do convenio) un incremento salarial consistente no IPC real resultante o 31 de decembro do ano 2002, aplicable de forma porcentual sobre tódolos conceptos salariais en vigor o 31 de decembro de 2001

Inicialmente e mentres non se coñeza a cifra do IPC real resultante o 31 de decembro de 2002, aplicarase a previsión de IPC que fixe o Goberno para ese ano.

No mes de xaneiro de 2003, unha vez coñecido o dato do IPC real resultante o 31 de decembro do ano 2002, confeccionaranse as táboas salariais de aplicación definitiva para o ano 2002.

A regularización das diferencias, en sentido positivo ou negativo, realizarase durante o primeiro trimestre do ano 2003.

Artigo 26º.-Conceptos retributivos.

Os conceptos retributivos que compoñen a renda de traballo dos traballadores afectados por este convenio clasificaranse segundo as denominacións que se detallan a seguir:

a) Salario real. Para tódolos efectos previstos neste convenio, o salario real entendido para jornada completa estará composto pola suma dos seguintes conceptos salariais:

1. Soldo base: para tódalas categorías será o indicado na táboa de valores contida no anexo I deste convenio que, como parte integrante del, se xunta.

2. Complementos salariais.

2.1. Complemento de convenio. Establécese este complemento para cada categoría profesional nas cantidades especificadas na táboa salarial, anexo 1 deste convenio.

2.2. De posto de traballo.

(Segundo táboa de valores contida no anexo 2)

2.2.1. Complemento de traballo por quendas, mantemento e bocadillo. Establécese este complemento para o persoal de fábrica que traballe por quendas, así como para o persoal de mantemento, exceptuándose o basculeiro e o garda.

Este complemento vén supli-lo tempo de descanso para o bocadillo, establecido no artigo 1 da Lei 4/1983, do 29 de xuño, que fixa a xornada máxima legal.

Queda fixado o seu valor, para tódalas categorías, en 25.125 pesetas mensuais, equivalentes a 151 euros, para o ano 2001.

2.2.2. Complemento de perigosidade. A súa contía será de 10.388 pesetas mensuais, equivalentes a 62,43 euros, para o ano 2001 para todo o persoal con dereito a el.

2.2.3. Complemento de correquendas. Este complemento concédeselles ós postos de traballo continuo, con descansos computados mensualmente como se prevé no artigo 17 deste convenio. Este complemento está valorado en 29.189 pesetas mensuais, equivalentes a 175,43 euros, para o ano 2001.

2.2.4. Complemento de compensación especial. Este complemento concédeselle ó persoal de traballo en plantas por quendas con descanso en sábados, domingos e festivos, non sendo compatible co complemento de correquendas, nin devengado por persoal que ingresara na empresa con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1985.

Este complemento está valorado en 13.244 pesetas mensuais, equivalentes a 79,60 euros, para o ano 2001.

2.2.5. Complemento especial de mantemento. Este complemento concédeselle ó persoal da área de mantemento pola realización de traballos e coordinación das persoas doutras compañías de servicios que a empresa contrate para a realización de reparacións determinadas.

Este complemento está valorado en 7.339 pesetas mensuais, equivalente a 44,11 euros, para o ano 2001 .

2.2.6. Complemento de retén de mantemento eléctrico. A súa contía será de 14.681 pesetas mensuais, equivalentes a 88,23 euros, para o ano 2001, e é de aplicación ós operarios de mantemento eléctrico. No caso de que o operario Emilio Cao López se integrase no sistema de correquendas do que procedía, substituirase este complemento polo concepto correspondente.

O complemento de retén obrigará os traballadores que afectta a estaren localizables as fins de semana e os festivos para atende-las necesidades que se puidesen producir, con independencia do aboamento de horas extra.

2.2.7. Complemento de retén de mantemento mecánico. Establécese este complemento para o persoal de mantemento mecánico que se adhira a este sistema. A súa contía establécese en 7.339 pesetas mensuais, equivalentes a 44,11 euros, para o ano 2001.

O complemento de retén obrigará os traballadores que afecta a estaren localizables nas fins de semana e festivos para atende-las necesidades que se puidesen producir, con independencia do aboamento de horas extra.

O importe deste complemento equipararase co complemento de mantemento eléctrico a partir do segundo ano de vixencia do convenio.

2.2.8. Complemento de equivalencia. A súa contía será de 29.189 pesetas mensuias, equivalentes a 175,43 euros, para o ano 2001, e é de aplicación ó operario de mantemento eléctrico, Emilio Cao López, con obxecto de non mingua-la retribución que percibía en concepto de complemento de correquendas, como proveniente do dito sistema de traballo. Este complemento de equivalencia deixarase de percibir no caso de o operario citado volvese integrarse no sistema de correquendas, substituíndose neste caso polo complemento de correquendas inherente ó dito sistema.

b) Pagas extraordinarias. As gratificacións extraordinarias serán dúas, verán e Nadal, e consistirán, cada unha delas, en trinta días de salario real.

O devengo das pagas extraordinarias será por sextas partes, sendo o período de devengo da paga de verán do 1 de xaneiro ó 30 de xuño e a de Nadal do 1 de xullo ó 31 de decembro.

Aboaranse, a primeira entre o 15 e o 18 de xullo e a segunda entre o 20 e o 22 de decembro.

Capítulo VI

Melloras sociais

Artigo 27º.-Premio extraordinario por anos de permanencia na empresa.

Premiarase a permanencia na empresa do persoal que, ó xubilarse, cumpra:

-20 anos de servicio: unha mensualidade.

-30 anos de servicio: dúas mensualidades.

Igualmente, aqueles traballadores que causen baixa na empresa por motivos diversos, salvo por despedimento procedente, terán dereito ós mencionados premios se cumpriron os anos de servicios determinados anteriormente.

A aqueles traballadores que cumpran 25 anos de servicio premiaráselle-la súa permanencia na empresa cunha mensualidade.

Artigo 28º.-Compensación por matrimonio e nacemento de fillos.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá unha gratificación de pagamento único consistente en:

-Por nacemento de fillo: 38.657 pesetas, equivalentes a 232,33 euros para o ano 2001.

-Por matrimonio: 77.312 pesetas, equivalentes a 464,65 euros, para o ano 2001.

Artigo 29º.-Bolsa de Nadal.

Tódolos traballadores do cadro de persoal recibirán entre os días 15 e 22 de decembro unha bolsa de Nadal.

Para a elección da composición da bolsa será consultado o comité de empresa.

Igualmente, incluiranse tódolos traballadores que causen baixa na empresa por incapacidade permanente, en calquera dos seus graos, ata o momento en que cumpran a idade que lles permita optar pola situación de xubilación.

Artigo 30º.-Seguro de vida.

A empresa subscribe unha póliza de seguro a favor de tódolos seus traballadores, que garante un capital de catro millóns de pesetas por morte ou invalidez total, absoluta, permanente e gran invalidez, xa sexa como consecuencia de enfermidade común ou accidente.

Este capital poderá ser incrementado polo traballador que o desexe, pagando coa súa achega persoal o exceso de prima correspondente.

Artigo 31º.-Percepcións en caso de incapacidade temporal.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio que se encontren en situación de baixa por enfermidade común, accidente laboral ou accidente non laboral percibirán, con cargo á empresa, a compensación económica necesaria co fin de percibi-lo cento por cento do seu salario real, sempre que o médico da empresa corrobore a baixa, para o cal poderá efectua-las visitas domiciliarias que considere oportunas. Este complemento implica as obrigas establecidas no artigo 21º.-Substitucións e días «h» por parte de tódolos traballadores.

Os complementos por conta da empresa aboaranse como máximo ata esgota-la situación de incapacidade temporal.

Artigo 32º.-Traballadores con capacidade diminuída.

Naqueles supostos en que houbese necesidade de efectuar mobilidade de persoal a consecuencia de diminución da capacidade física dalgún traballador, ben sexa como consecuencia de enfermidade común, desgaste físico derivado dunha dilatada vida laboral ou non laboral, a empresa procurará situa-lo dito persoal, na medida do posible, en traballos adecuados ás súas condicións físicas.

Artigo 33º.-Xubilación anticipada.

De xeito individual poderase pactar entre a empresa e o traballador interesado a xubilación anticipada, coas indemnizacións e prestacións que se consideren en cada caso.

Non obstante, haberá que aterse ás disposicións vixentes na materia en cada momento.

Artigo 34º.-Fondo social.

Ó quedar suprimido o fondo social, o saldo existente nesta data será administrado polo comité de empresa, coa expresa aprobación da dirección.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 35º.-Comité de seguridade e saúde.

Funcionará na empresa un comité de seguridade e saúde; a súa misión e funcionamento rexeranse pola lexislación vixente.

Procurarase que todo o persoal de planta asista ós cursos de seguridade, polo menos unha vez ó ano.

Artigo 36º.-Roupa de traballo e de seguridade.

1. Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles á todolos traballadores da planta dous conxuntos de chaqueta e pantalón e dúas toallas ó ano.

Ó persoal de laboratorio facilitaráselle roupa e calzado adecuado e, como mínimo, dúas batas e un par de zocos ó ano.

A empresa substituirá a roupa de traballo entregada cando polo uso sexa necesaria a súa reposición, esixíndose a entrega da roupa usada no momento da entrega da nova.

2. Roupa de seguridade e hixiene laboral.

A empresa facilitaralles a tódolos traballadores da planta unha peza de abrigo e un par de botas de seguridade cada dous anos.

Así mesmo, darase unha funda antiácido a todo o persoal que manipule ácidos.

Para os postos que o requiran, facilitarase un par de botas de goma e para todo o persoal que traballe no exterior un traxe de augas.

Con independencia do anterior, a empresa subministraralles ós traballadores tódalas pezas que, por seguridade, sexan necesarias para o desempeño das súas funcións.

Capítulo VIII

Faltas e sancións

Artigo 37º.-Normas xerais.

1. Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establezan nas disposicións legais ou neste convenio.

2. A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a xurisdicción competente. A sanción das faltas graves e moi graves requirirá comunicación escrita ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivan.

A imposición de sancións por falta grave e moi grave seralle comunicada ó comité de empresa.

3. As faltas cometidas polo persoal clasifícanse segundo a súa importancia, transcendencia ou intencionalidade en leves, graves e moi graves.

A enumeración das faltas que se contén nos artigos seguintes non é limitativa, senón simplemente enunciativa e, xa que logo, terán a mesma clasificación aqueles feitos análogos que se poidan cometer, aínda que non estean expresamente recollidos nos mencionados artigos.

Artigo 38º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves:

1. A falta de puntualidade na entrada ó traballo ou saír antes do final deste, cometida dunha a cinco veces durante o prazo dun mes sen, o debido permiso ou xustificación.

2. Non cursa-lo aviso correspondente en casos de falta ó traballo, por motivo xustificado, salvo imposibilidade forzosa.

3. Cambiar de roupa ou en xeral disporse para a saída antes da hora de finalización da xornada ou antes de terse realizado a substitución.

4. Pequenos descoidos na conservación das naves, máquinas, ferramentas ou na súa limpeza.

5. Non avisa-lo xefe inmediato dos defectos do material ou da necesidade deste para segui-lo traballo en perfectas condicións.

Artigo 39º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves:

1. Máis de cinco faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un mes.

2. Faltar dous días ó traballo, sen xustificar, sexan ou non consecutivos, durante un período de trinta días.

3. A simulación de enfermidade ou accidente, así como simula-la presencia doutro traballador asinando ou fichando por el ou encargarlle a outro que realice as ditas operacións.

4. Introducir nos lugares de traballo bebidas alcohólicas para o seu consumo, aínda que este non chegue a producirse.

5. Causar desperfectos de consideración e intencionadamente nas máquinas, mobiliario ou demais bens da empresa.

6. A reincidencia en falta leve, aínda que sexa de distinta natureza, cometida dentro dun trimestre e mediando sanción.

Artigo 40º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves:

1. Máis de 10 faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de 6 meses ou máis de 20 durante un ano, calquera que fose a contía dos atrasos.

2. O abandono do traballo en postos de responsabilidade, entendéndose por tal o abandono do posto durante a xornada, cando se ocupe posto de mando ou se sexa responsable dun servicio de importancia para a empresa.

3. O abandono do posto de traballo ou falta de asistencia, calquera que sexa aquel, sen causa xustificada, se como consecuencia diso se orixina grave prexuízo a un compañeiro ou á empresa.

4. A embriaguez ou o consumo de drogas estando de servicio.

5. Facer desaparecer, inutilizar, estragar ou causar desperfectos a primeiras materias, máquinas, aparellos, ferramentas, instalacións, edificios, documentos, etc. da empresa.

6. O falseamento ou secuestro de documentos, así como a violación do segredo de correspondencia ou documentos reservados á empresa. Se é a persoas alleas á empresa, a sanción será sempre de despedimento.

7. O abandono ou neglixencia na vixilancia nocturna ou permiti-la entrada nos locais da empresa durante a noite a persoas non autorizadas.

8. O abuso de autoridade.

9. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza. Haberá reincidencia cando se sancionase xa por unha falta grave no período dos 6 meses anteriores.

10. O incumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo que entrañe perigo grave.

11. Tolerarlles ós subordinados que traballen quebrantando as normas de seguridade e hixiene.

12. Durmir en horas de traballo.

Artigo 41º.-Sancións.

As sancións que se aplicarán serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

1. Amoestación privada, verbal ou escrita.

2. Suspensión de emprego e soldo dun día.

b) Por faltas graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de 1 a 6 días.

c) Por faltas moi graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de 7 a 30 días.

2. Inhabilitación por un período non superior a dous anos para ascender de categoría.

3. Despedimento con perda de tódolos seus dereitos na empresa.

Capítulo IX

Órgano de representación dos traballadores

Artigo 42º.-Comité de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

Ser informado pola dirección da empresa dos seguintes asuntos:

Trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e demais documentos que se lles dan a coñecer ós socios e nas mesmas condicións que a estes.

Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións do cadro de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais, e as reduccións de xornada, sobre o traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

Do reingreso na empresa do persoal que se encontraba en excedencia.

En función da materia de que se trate: sobre a implantación ou revisión de sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempo, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

Sobre a fusión, absorción, modificación de estatus xurídico da empresa, cando isto supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

A dirección facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contratos de traballo que habitualmente utilice, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidade profesional e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.

Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións ou usos da empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

Participar, como se determine regulamentariamente, na xestión das obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exerce-las accións administrativas ou xudiciais, en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

Os membros do comité de empresa e este no seu conxunto observarán sixilo profesional en todo o referente ós puntos anteriores, aínda despois de deixar de pertenceren ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

O comité velará non só por que nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios da non discriminación, igualdade de sexo ou fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 43º.-Garantías sindicais.

Ningún membro do comité de empresa poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberase tramitar expediente contradictorio, no que será oído, á parte do interesado, o comité de empresa.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación e poderán publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo isto previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina.

Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre el se produza con motivo da designación de membros do comité como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados e polo que se refire á realización de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referida.

Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Expresamente acórdase a distribución de horas dos distintos membros do comité do xeito seguinte:

a) Para un máximo de 2 ou 3 membros do comité de empresa fíxase unha dispoñibilidade máxima para cada un deles de 16 horas á semana, 40 horas ó mes e 300 horas ó ano.

b) O resto das horas do comité de empresa, que se dividirán entre os restantes membros, fixándose para cada un o seu número de horas.

Na realización efectiva desta dispoñibilidade por parte dos membros do comité de empresa que traballan a quendas ininterrompidas será necesario un prazo de aviso de 24 horas de anticipación.

En calquera caso, esta dispoñibilidade no exercicio da súa representación terá que ser compatible coas súas obrigas no traballo, da que terá ademais que presentar xustificación suficiente.

Artigo 44º.-Cota sindical

A empresa descontará da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado remitiralle á empresa un escrito no que exprese con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou libreta de aforros á que deba ser transferido o importe da cota deducida.

ANEXO 1

Táboa salarial-ano 2001

SALARIO BASECOMPLEMENTO CONVENIOTOTAL ANUAL

MensualAnualMensualAnual

PesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

Xefe de quenda e contramestre mantemento76.241458,221.067.3746.415,05111.593670,691.562.3029.389,622.629.67615.804,67

Oficial 1ª administrativo76.241458,221.067.3746.415,05132.786798,061.859.00411.172,842.926.37817.587,89

Oficial 2ª administrativo76.241458,221.067.3746.415,05119.282716,901.669.94810.036,592.737.32216.451,64

Auxiliar administrativo76.241458,221.067.3746.415,05109.387657,431.531.4189.204,012.598.79215.619,05

Axudante de laboratorio76.241458,221.067.3746.415,05111.776671,791.564.8649.405,022.632.23815.820,07

Auxiliar de laboratorio76.241458,221.067.3746.415,0591.371549,151.279.1947.688,112.346.56814.103,16

Médico76.241458,221.067.3746.415,05525.3903.157,667.355.46044.207,208.422.83450.622,25

ATS76.241458,221.067.3746.415,05232.8501.399,463.259.90019.592,394.327.27426.007,44

Basculeiro76.241458,221.067.3746.415,0592.042553,181.288.5887.744,572.355.96214.159,62

Garda76.241458,221.067.3746.415,0580.117481,511.121.6386.741,182.189.01213.156,23

Subalterno-limpadora76.241458,221.067.3746.415,0558.529351,77819.4064.924,731.886.78011.339,78

Oficial 1ª producción/mantemento76.241458,221.067.3746.415,0567.175403,73940.4505.652,222.007.82412.067,27

Oficial 2ª producción/mantemento76.241458,221.067.3746.415,0560.425363,16845.9505.084,261.913.32411.499,31

Oficial 3ª producción/mantemento76.241458,221.067.3746.415,0553.670322,56751.3804.515,881.818.75410.930,93

Axudante de fabricación76.241458,221.067.3746.415,0546.920281,99656.8803.947,931.724.25410.362,98

ANEXO 2

Táboa de complementos anuais-ano 2001

MensualAnual
ArtigoConceptoPesetasEurosPesetasEuros

Artigo 26Quendas, mantemento e bocadillo25.125151,00351.7502.114,06

Artigo 26Perigosidade10.38862,43145.432874,06

Artigo 26Correquendas29.189175,43408.6462.456,01

Artigo 26Complemento compensación especial persoal 3 quendas13.24479,60185.4161.114,37

Artigo 26Complemento especial mantemento7.33944,11102.746617,52

Artigo 26Complemento de retén mantemento eléctrico14.68188,23205.5341.235,28

Artigo 26Complemento de retén mantemento mecánico7.33944,11102.746617,52

Artigo 26Complemento equivalencia29.189175,43408.6462.456,01

Outras compensacións económicas

de convenio ano 2001

IMPORTES
ArtigoConceptoPesetasEuros

Artigo 18Traslado de quenda20.116120,90

Artigo 27Por nacemento de fillo38.657232,33

Artigo 27Por matrimonio77.312464,65

ANEXO 3

Valor horas extraordinarias ano 2001

BRUTO HORA

EXTRAORDINARIA

PesetasEuros

Xefe de quenda4.35926,20

Contramestre de mantemento4.03624,26

Oficial 1ª en correquendas3.74622,51

Oficial 2ª en correquendas3.65221,95

Oficial 3ª en correquendas3.55921,39

Axudante en correquendas3.46720,84

Oficial 1ª en 3 quendas3.50921,09

Oficial 2ª en 3 quendas3.41520,52

Oficial 3ª en 3 quendas3.32319,97

Axudante en 3 quendas3.22919,41

Oficial 1ª de mantemento3.42820,60

Oficial 2ª de mantemento3.33320,03

Oficial 3ª de mantemento3.24319,49

Oficial 1ª administrativo3.88223,33

Oficial 2ª administrativo3.69722,22

Auxiliar administrativo3.56021,40

Axudante de laboratorio3.59421,60

Auxiliar de laboratorio3.42820,60

Basculeiro3.32319,97

Garda basculeiro3.32319,97

Subalterno-limpadora2.86317,21

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE