Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 55/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

Expediente nº 55/2001 (subministración sucesiva de material para cirurxía de Parkinson).

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa. A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 7-12-2001.

4. Criterios de adxudicación do contrato:

1. Oferta económica: ata o 50%.

2. Calidade dos materiais: ata o 40%.

3. Servicio técnico da subministración: ata o 10%.

5. Número de ofertas recibidas: 1.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

NomeEnderezo

Cardiva, S.L.Xeneral Eguía, 48013 Bilbao

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor:

Nº de referencia da CPA: CPV: 29122410, 33140000.

LoteConceptoCantidadeProvedor

1.1

1.2

Electrodo para estimulación central profunda

Electrodo para estimulación profunda de subtálamo

5

30

Cardiva, S.L.
2Cables de conexións multipolares con conducción lonxitudinal35Cardiva, S.L.
3.1

3.2

3.3

Xerador VIM

Xerador STN

Xerador de médula

4

15

3

Cardiva, S.L.
4.1

4.2

Bomba de infusión programable por telemetría de longa duración.

Catéter para bomba

5

5

Cardiva, S.L.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

LotesPrezo unitario adxudicación

(euros)

Prezo unitario adxudicación

(pesetas)

1.1

1.2

1.591,25

1.591,25

264.762

264.762

2474,4178.936
3.1

3.2

3.3

5.643,35

10.869,47

6.123,84

938.975

1.808.527

1.018.922

4.1

4.2

7.716,99

393,25

1.284.000

65.431

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: DOCE do 18-8-2001; BOE do 29-8-2001; DOG do 6-9-2001.

12. Data de envío do anuncio: 12 de febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución, que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses,

contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela