Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 58/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo

2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

Expediente nº 58/2001 (subministración sucesiva de carne de tenreira).

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa. A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 29-11-2001.

4. Criterios de adxudicación do contrato:

1. Oferta económica: ata o 50%.

2. Calidade dos materiais: ata o 40%.

3. Servicio técnico da sbuministración: ata o 10%.

5. Número de ofertas recibidas: 5.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

NomeEnderezo

Distribuciones Cárnicas Sanesteban, S.L.Polígono Industrial A Gándara, parc. 153-156

15407 Narón-A Coruña

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor:

Nº de referencia da CPA: CPV: 15111200.

LoteConceptoCantidadeProvedor

1.1.Tenreira 1ª35.000Distribuciones Cárnicas
1.2.Tenreira 2ª21.000Sanesteban, S.L.
1.3.Ósos de tenreira14.000
1.4.Hamburguesas17.500

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

LotesPrezo unitario adxudicación

(euros)

Prezo unitario adxudicación

(pesetas)

1.15,109850

1.23,907650

1.30,060 10

1.40,240 40

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: DOCE do 1-9-2001; BOE do 15-9-2001; DOG do 24-9-2001.

12. Data de envío do anuncio: 12 de febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución, que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela