O Pleno do Concello, en sesión realizada o 18 de febreiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito do APR-C9.01 Refinería Sur, proposta por Repsol Petróleo, S.A., condicionada a que, con anterioridade á aprobación definitiva, emenden o erro detectado na ficha APE-C9.01.
Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.
Terceiro.-Remitir un exemplar do documento á deputación provincial e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para que, no prazo dun mes, emitan os correspondentes informes.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.
Os gastos desta publicación serán aboadas polo seu promotor.
A Coruña, 22 de febreiro de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo