Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se lle notifica resolución de reintegro de pagamentos indebidos a Josefina Teixeira Asorey.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, a resolución da Dirección Xeral de Tributos pola que se lle require á persoa que se relaciona no anexo o reintegro do importe que se indica e polo concepto que se sinala.

A correspondente delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda que se indica emitirá a oportuna liquidación, na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderase interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

-Recurso económico-administrativo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedora: Josefina Teixeira Asorey.

NIF: 32342404.

Importe: 11.200 pesetas, 67,31 euros.

Concepto: depósito previo por expropiación predio aboado indebidamente.

Delegación: A Coruña.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA